Esta pasada noitiña de domingo, arredor das 21:10h, dábase a alerta por un lume forestal preto da planta de reciclaxe de Nostián. O 112 mobilizaba 4 dotacións de Bombeiros da Coruña, de Oleiros e mesmo doutros concellos limítrofes. De feito, no Na extinción do fuxo participaron o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS) do Concello da Coruña, o consorcio de bombeiros da Coruña (con catro motobombas e catro cuadrillas de Moeche, Narón, Montesalgueiro e Rus), a Policía Local e a Policía Nacional.
A proximidade da planta e da refinaría de Repsol fixo saltar todas as alarmas, pero preto das 0:00h, os bombeiros anunciaban que o incendio xa estaba controlado, mentres continuaban coas tarefas de extinción e control. Ás 4:00h da madrugada deuse por sufocado.
A caída dunha catenaria (un cable das liñas de alta tensión) podería ser a causa do incendio.

#Coruña – Importante incendio 🔥 en la zona del vertedero de Nostián.
Ya están en la zona los bomberos 🚒 pic.twitter.com/cu9cekHJSa
— Eloy TP (@EloyTP) September 20, 2026

