InicioA CORUÑADa rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea...

Da rolda peonil ao Día sen Coches. Así remata a Semana Europea da Mobilidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Remata hoxe martes 22 a Semana Europea da Mobilidade. Faino estatarde coa celebración do Día sen Coches na rúa Concepción Arenal (a rúa da Cervecería da Estrella de Catro Camiños). Entre as 17.00 e as 20.00 horas converterase durante tres horas nun espazo para a práctica deportiva, a divulgación e a sensibilización arredor da mobilidade.

Pero cómpre tamén rememomar o roteiro veciñal organizado pola Federación de Asociacións Veciñais da Coruña (FAVA), as asociacións veciñais de Sagrada Familia, Mallos-Plataforma, Barcarola-Catro Camiños e Oza-Gaiteira-Os Castros, e o Concello. Un cento de persoas percorreron a Rolda Peonil, poñendo en valor este novo corredor verde que atravesa a cidade conectando cinco barrios entre o parque de San Diego e a rúa Observatorio, na Agra do Orzán.

Desta volta fixeron 3,4 km dende a Sagrada Familia ata a Praza de Tabacos, atravesando tamén os barrios de Os Mallos, Catro Camiños e Oza-A Gaiteira ata chegar á praza de Tabacos, epicentro estes días da SEM 2026. Na organización participaron a Federación e as

A actividade serviu para coñecer sobre o terreo a Rolda Peonil, un itinerario de 3,5 quilómetros que, facilitando os desprazamentos a pé entre diferentes zonas da cidade.

Programa Día sen coches

Así, esta tarde, a partir das 17:00h, na rúa Concepción Arenal, Galicia Rollers celebrará unha xornada de portas abertas, con patíns a disposición das persoas que queiran probar esta modalidade e  pequenas exhibicións de freestyle a partir das 18.30 horas, nunha actividade á que se sumará a escola de danza Punto Cero, con dous pases de baile urbano. Haberá tamén un circuíto de bicicleta co Club Triatlón Coruña e unha actividade de marcha nórdica con AMI. A partir das 19.00 horas será a quenda do Club Ximnasia Coruña, que ofrecerá unha exhibición de ximnasia artística. E entre as 18.00 e as 19.00 horas celebrarase unha sesión aberta de zumba con Termaria e, ás 18.00 horas, actuará a Coral Polifónica El Eco.

A programación incluirá tamén, entre as 17.00 e as 18.00 horas, a mesa redonda ‘Respirar e escoitar a cidade, o prezo da nosa mobilidade’, centrada na relación entre mobilidade, calidade do aire e ruído. Nela participarán Purificación López-Mahia, catedrática de Química Analítica da Universidade da Coruña e directora do Instituto Universitario de Medio Nota de Prensa Ambiente; David Cartelle, director de Operacións de Air & Climate en SUEZ España; e Roi Arias, experto en acústica ambiental e responsable técnico de Proceso Dixital de Audio.

Antes, pola mañá, as instalacións da Semana Europea da Mobilidade na praza de Tabacos seguirán abertas ao público ata as 13.00 horas. A cidadanía poderá achegarse aos puntos de información sobre BiciCoruña e o transporte urbano, coñecer o funcionamento dos sistemas municipais de control e medición da mobilidade, así como información sobre calidade do aire e seguridade e educación viaria.

Máis de 30.000 persoas pasaron por Tabacos desde o mércores

A Semana Europea da Mobilidade chega á súa última xornada cun balance de máis de 30.000 persoas que pasaron pola zona de carpas da praza de Tabacos desde a súa apertura o pasado mércores.

A bici, un eixe prioritario na Semana Europea da Mobilidade

 

ÚLTIMAS

O Joker de ‘A Primitiva’ deixa un millón de euros en Cambre (A Coruña)

O dono dun boleto de 'A Primitiva' validado en Cambre, percibirá un millón de...

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

O pasado venres Sumar Coruña anunciaba que Trinidad Palacios era a súa proposta para...

Gastronomía e banda deseñada para que se coñeza o “Sabor Coruño”

Representantes da Asociación Coruña Cociña presentaron este luns, na Fundación Luis Seoane, un cómic,...

Feria de abril en Riazor

Xornada 7 – Deportivo 1 – Betis 1 Punto de loita e superación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here