InicioBARRIOSAs familias do CEIP Cidade Vella volven á rúa

As familias do CEIP Cidade Vella volven á rúa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa protafonizaron unha rotunda manifestación no novembro pasado por unha escola digna. Pero o novo suceso acontecido estas pasadas semanas volve poñer de manifesto o precario estado do CEIP Cidade Vella. O pasado día 10 de setembro, e mentres se realizaban traballos na cuberta do edificio en horario lectivo, unha pedra de grandes dimensións atravesou o teito dunha das dependencias do centro, a escasos metros das aulas.

Por iso, a ANPA Herrerías convoca unha nova concentración para este xoves diante da escola ás 8:45 para pedir que as administracións tomen medidas urxentes.

Manifestacion Cidade Vella

O BNG leva o caso ao Parlamento

En paralelo, a concelleira e deputada Mercedes Queixas acaba de rexistrar un feixe de iniciativas no Parlamento galego -proposición non de lei, pregunta oral e cuestións por escrito- en relación ao mal estado das instalacións do CEIP Cidade Vella, un edificio de
alto valor patrimonial e arquitectónico que, porén, presenta graves deficiencias até o punto de se teren producido desprendementos na súa cuberta, co conseguinte risco para a integridade física de alumnado e profesorado.

“A que esperan Xunta e Concello para procuraren unha solución ao problema da grave deterioración do edificio? Que máis ten que pasar para que deixen de se botar as culpas os uns aos outros?”, pregúntase Queixas.

A comunidade educativa do CEIP Cidade Vella pide solucións xa. “A orixe do problema está clara: o abandono e a falta de mantemento continuada dun edificio que, ademais, conta con protección patrimonial”, remarca.

Máis novas

A ANPA do CEIP Cidade Vella pide medidas de urxencia tras un suceso que “rozou a traxedia”

As familias do CEIP Cidade Vella esixen na rúa con contundencia compromisos das administracións

A Federación de ANPAS da Coruña alerta dun deterioro “alarmante” en 70 centros públicos e convoca unha manifestación na cidade

ÚLTIMAS

Inés Rey acusa a Rueda e ao PP de “mercadear” e “boicotear” a política municipal de vivenda

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou a Xunta de "boicotear" a política municipal...

A cantautora coruñesa Silvia Penide, teloneira de Silvio Rodríguez en Sevilla

A cantautora galega Silvia Penide será a encargada de abrir o primeiro dos dous...

O PP critica a Inés Rey por querer xestionar fondos para vivendas cando “non fixo ningunha”

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, cualificou...

A palabra administrada

Reflexión a partir de «Administrar el silencio», artigo de opinión de Juan José Millás...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here