InicioA CORUÑAInés Rey acusa a Rueda e ao PP de "mercadear" e "boicotear"...

Inés Rey acusa a Rueda e ao PP de “mercadear” e “boicotear” a política municipal de vivenda

Publicada o

Por editor

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acusou a Xunta de “boicotear” a política municipal socialista en materia de vivenda e de facelo por “cuestións de carácter ideolóxico”. Tamén volveu demandar a xestión dos fondos estatais que o Goberno central transferirá á Xunta para esta cidade e para Santiago.

Fíxoo nunhas declaracións nas que acusou o PP de “mercadear” coa vivenda. Con todo, instou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que “recapacite”. “A que non se apropie indebidamente de fondos que non lle corresponden e a que recapacite nas súas declaracións, que me parecen moi preocupantes, absolutamente anticoruñesas”.

A este respecto, o titular do Executivo galego afirmou que os fondos estatais que reciba a Administración galega para ambas as dúas serán para construír vivenda pública, pero sen aceptar a proposta das dúas cidades. “Se a normativa do Goberno central é transferir ese diñeiro para que se faga promoción de vivenda pública e o diñeiro o ten a Xunta, teñan a seguridade de que a faremos”, sinalou tras a petición de xestión por parte de Santiago e A Coruña.

POSTURA MUNICIPAL

Nesta xornada, e a preguntas dos xornalistas, Inés Rey criticou tamén que o voceiro do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo, pida “agora cousas” despois de que o seu partido “boicotee todas as medidas de vivenda que poñemos en marcha para paliar este problema”. “Aquí o que se esixe é que, se por seren declaradas zonas tensionadas despois de todo ese esforzo, o Ministerio outorga uns fondos, eses fondos vaian a aquelas políticas de vivenda das persoas que levamos traballando e coñecemos de primeira man a realidade das nosas cidades“, dixo sobre a xestión destes.

“O PP tivo os últimos 15 anos para facer política de vivenda, non só non a fai senón que boicotea, por unha cuestión de carácter ideolóxico e político, aquelas medidas que se toman a favor do dereito a unha vivenda digna”. “Substrae, a priori, eses 5,2 millóns de euros que vai dar o Ministerio a quen levamos traballando“. “Pouca vergoña hai que ter para saír falar de vivenda e esixir cuestións de vivenda pertencendo a un partido que leva boicoteando todas as políticas”, sentenciou sobre Miguel Lorenzo. A este acusouno de se dobrar “aos intereses do PP en Santiago e en Xénova”.

INFRAESTRUTURAS

Xa en materia de infraestruturas, e sobre as demandas dos populares a este respecto, asegurou que as obras de ampliación na Alfonso Molina comezaron no seu mandato fronte ás promesas, dixo, durante a etapa de goberno do PP no consistorio. Mentres, comprometeuse a avanzar na mellora da mobilidade e do transporte urbano.

Noutro orde de cousas, o Concello herculino informou da apertura da convocatoria para 18 prazas de emprego público municipal de acceso libre para reforzar os servizos públicos da Administración local. Os postos que se van cubrir son de técnico/a da Administración Xeral.

ÚLTIMAS

O orgulloso #Aquítaménsefala recolleu o Premio da RAG demostrando o poder do galego para atraer novas voces

Mañá emocionante no IES Rafael Dieste. Os máximos representantes da Real Academia Galega achegáronse...

A Candidatura Unitaria de Esquerdas critica os altos prezos dos aparcamentos do CHUAC e o Materno

Xa comunica de maneira unificada a Candidatura Unitaria de Esquerdas Coruña. Os grupos de...

A cantautora coruñesa Silvia Penide, teloneira de Silvio Rodríguez en Sevilla

A cantautora galega Silvia Penide será a encargada de abrir o primeiro dos dous...

As familias do CEIP Cidade Vella volven á rúa

Xa protafonizaron unha rotunda manifestación no novembro pasado por unha escola digna. Pero o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here