InicioCULLEREDOBotadas 167.000 unidades de semente de ameixa xaponesa na ría do Burgo

Botadas 167.000 unidades de semente de ameixa xaponesa na ría do Burgo

Publicada o

Por Redacción

Novo paso no proceso de rexeneración dos bancos marisqueiros da ría do Burgo. Desta volta, as mariscadoras veñen de sementar 167.000 unidades de semente de ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum) cedidas pola Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores.

A semente subministrada, cun peso total de 59 quilos e unha talla media de 12,5 milímetros, foi producida polo Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA) e preengordada no pantalán do Vicedo antes da súa entrega á confraría. Os exemplares foron introducidos polos mariscadores en pochóns e posteriormente colocados nas mesas de cultivo situadas no antigo Parque do Estado, no banco de A Baixada, onde continuarán o seu proceso de preengorde.

É a segunda solta de semente no mes de setembro

1 millón de sementes de ameixa babosa para recuperar o marisqueo da ría do Burgo

Mariscadoras da ría do Burgo piden que non se repitan os mesmos erros co dragado do Lérez

A Xunta achega 55.000 unidades de ameixa babosa para reforzar os bancos marisqueiros da ría do Burgo

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here