InicioA CORUÑA(VÍDEO) Esixen a dimisión do Delegado do Goberno polas "desproporcionadas" cargas policiais...

(VÍDEO) Esixen a dimisión do Delegado do Goberno polas “desproporcionadas” cargas policiais á mocidade antifascista que prantou cara a VOX

Publicada o

Por Redacción

Mentres o secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, condenou este mércores os disturbios rexistrados na Coruña durante as protestas contra o acto do presidente de Vox, Santiago Abascal, considerando que foron “provocados polos intolerantes”, o resto do espectro político e social da cidade pon foco na Delegación do Goberno polas desproporcionadas cargas policiais.

A manifestación de máis de 4.000 persoas vinculadas a diversos colectivos da esquerda saldouse finalmente con dúas persoas detidas e máis dunha decena de feridos.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

A CIG esixe a dimisión do Delegado do Goberno

A CIG esixe o cese ou dimisión inmediatos do Delegado do Goberno na Galiza ante a violenta represión policial exercida esta mañá na Coruña contra manifestantes antifascistas no entorno da praza de María Pita, con duras cargas exercidas por antidisturbios, uso de gas lacrimóxeno, detonacións e detencións. Esixen “a depuración de responsabilidades ante a reiteración de abusos e cargas policiais contra todo tipo de protestas sociais mentres se detecta a pasividade dos corpos, cando non a plena connivencia, coas expresións da ultradereita españolista.

A central nacionalista condena estes feitos, parabenizando a masiva resposta amosada, en particular aos sectores do estudantado e mocidade traballadora, e refirmando que na sociedade galega non teñen cabida os discursos do fascismo. 

Así mesmo secundan unha convocatoria unha para realizar unha concentración hoxe mércores 21 de outubro ás 19:30h diante da subdelegación do Goberno na Coruña, con motivo de denunciar a represión policial acontecida esta mañá, convocada por colectivos como a propia CIG, Erguer, Galiza Nova, BNG, a Coordinadora dá Mocidade Socialista (CMS), o Sindicato da Vivenda, a CNT ou os Riazor Blues.

O Sindicato de Estudantes

O Sindicato de Estudantes describe así a súa xornada despois de facer folga. “O que atopamos nada máis chegar foron furgóns policiais en todos os acceso á praza, cacheos e rexistros das nosas mochilas. Fixéronnos dar voltas e voltas polas distintas rúas que rodean María Pita, ata que ao final conseguimos xuntarnos dentro. Éramos tantas que os berros antifascistas escoitábanse desde ben lonxe. Mais a policía nacional, cos máis de dez furgóns que tiña despregada na praza, non nos deixou movernos dun espazo ridiculamente pequeno para a cantidade de xente que alí nos concentrábamos. Arrinconáronnos desde o primeiro momento coma se fósemos delincuentes”, denuncian.

Durante máis de hora e media berraron «Fóra fascistas das nosas rúas», «A mocidade é antifascista», «Non pasarán», «Ningún ser humano é ilegal» e moitas outras consignas. “Xente nova, en moitos casos menor de idade, de todos os barrios da Coruña sumamos forzas para dicirlles a Abascal e a toda a banda de reaccionarios que non imos permitir que espallen impunemente o seu discurso racista, machista e clasista. Que non imos deixar que os mesmos que chaman a agredir as nosas irmás e irmáns migrantes en Ceuta ocupen as prazas das nosas cidades, nin as universidades nin ningún outro espazo público”.

Critican a “activide violenta e hostil dende o primeiro momento da Policía Nacional: cos cascos postos, algúns axentes con pasamontañas, exhibindo constantemente as armas de balíns e pelotas de goma para atemorizarnos. E, nun momento dado, sen vir a conto, cando xa estabamos rematando, cargaron salvaxemente contra nós”, sinalando que hai varias persoas feridas.

Podemos critica a violencia

Aitor Neira, candidato de Podemos Galicia, sinalou que “fomos moitos e moitos os que lle prantamos cara ao fascista de Santiago”. Pero ademais fixo fincapé nas “cargas inxustificadas, sempre contra o mesmo lado. Xa bastan, onde está a delegación do goberno?”, preguntouse Neira, que recoñece ter viso mesmo “menores de edade con feridas e problemas de vista… Por que esta violencia?”

O BNG tamén critica as cargas

Pola súa parte, o BNG denuncia tamén que “as cargas policiais -miles de persoas concentrábanse en María Pita- foron absolutamente desproporcionadas e sen xustificación fronte a unha mobilización pacífica”.  “Cargaron contra xente moza -moitos deles feridos, algúns neste momento con problemas de visión-de forma absolutamente inxustificada”, critican, ademais de denunciar que “o policía negouse a dicir o seu número de placa cando foi instado a facelo por un mozo agredido que recibiu un puñetazo”.

“Desde logo, non nos parece o comportamento que deben ter as forzas de seguridade nun Estado democrático”, sentenzan, ao tempo que manifestan “o orgullo que sentimos ao ver que, máis unha vez, A Coruña volveu erguer a bandeira do antifascismo e a súa total oposición ás políticas do medo, o racismo, a xenofobia, o clasismo e o machismo”.

O Concello condena “os actos violentos”

O Concello da Coruña amosa a súa “máis rotunda condena contra os actos violentos que hoxe causaron danos e feridos durante unha concentración na praza de María Pita”. “Calquera reivindicación perde a súa lexitimidade cando se recorre á violencia, se ataca a persoas inocentes e se danan bens privados de particulares”, indicou a alcaldesa, Inés Rey.
“Foron case 5.000 as persoas concentradas hoxe en María Pita, mais a actuación de algúns violentos derivaron ao final en actos de vandalismo”, indicou Rey, “A violencia, veña de onde veña, nunca ten sentido”, indicou sen valorar a actuación policial.

JUPOL PIDE DIMISIÓN DO DELEGADO DO GOBERNO

Pola súa parte, o sindicato policial Jupol pediu a dimisión do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, pero por considerar que puxo “en grave risco” aos policías. Para o sindicato, foi unha “irresponsabilidade” permitir que coincidise a manifestación co acto político na mesma praza e reclamou responsabilidades “pola falta de previsión, planificación e ordes claras para o dispositivo policial”.

Mentres a mocidade manifestante criticaba o lanzamento de pelotas de goma e cartuchos, o sindicato publicaba nas redes sociais ter recibido un cazo e unha bengala, ademais de dous adoquíns.

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

ÚLTIMAS

(VÍDEO) A Coruña tamén para a VOX

Milleiros de persoas (preto 5.000 aseguran fontes policiais) concentráronse este mércores na Praza de...

“Feijóo só construíu 40 vivendas públicas na cidade sendo presidente da Xunta”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar que os fondos estatais asignados para...

“Foi o PP quen lle deu categoría a un partido fascista”, di Inés Rey de Vox

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rei, culpou ao PP e ao seu...

José Manuel Lage lamenta non poder ter competencias na área metropolitana da Coruña

O concelleiro delegado de Obras, Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos do Concello de Bilbao,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here