InicioDEPORTESUnha viaxe ao berce do Rallymix e do Autocross con SkapeMotor

Unha viaxe ao berce do Rallymix e do Autocross con SkapeMotor

Publicada o

Por Xurxo Varela

Segue percorrendo as estradas do país o programa SkapeMotor de CuacFM. Este pasado xoves o equipo comandado por Xurxo Varela viaxou á vila ourensá de Barbadás, onde o Barbadás Racing Team organiza o 12º Barbadás Olaya Villanueva RallyMix. Falaron con Pepe Sampaio, director de carreira deste evento, que conta con 83 equipos inscritos este ano. Os membros do Barbadás Racing Team foron os primeiros en organizar un evento de Rallymix cando a Federación Galega de Automobilismo creou este formato hai 12 anos.

Nos estudios da Zapateira estiveron os pilotos de Autocross Dani Señarís, gañador do 34º Autocross de O Castro, e Dany Castro, actual subcampión na Clase 2 e sete veces subcampión na mesma categoría. Estivo (Carlos “Cachadesa”, tamén piloto de Autocross, amigo e mecánico de ambos. Falaron de como lles foi esta tempada e dos seus plans para o 2027, incluída a posibilidade de subir á Clase 1.

Poden escoitar o podcast completo en nesta ligazón en cuacfm.org.

 

SKPMotor viaxa a Ourense e Ferrol para coñecer a dous campións

SKPMotor: 400 programas achegando a realidade do motor galego ás ondas de CUACFM

 

ÚLTIMAS

Miles de persoas denuncian pacíficamente a “violencia policial”: “Galicia será a tumba do fascismo”

Néstor Rego (BNG) reclama a derrogación da Lei Mordaza e sitúa o 29N como...

Detido un home por un intento de homicidio contra o porteiro dunha discoteca da Coruña

Un home foi detido na Coruña na madrugada do venres ao sábado por un...

Cidadáns salvan da morte a unha muller arrastrada polo mar en Riazor

Varios cidadáns arriscaron este domingo as súas vidas para rescatar a unha muller arrastrada...

Esta semana comeza a segunda fase das obras da rúa Ángel Rebollo

Un par de meses despois de rematar a primeira fase (entre Ramón del Cueto...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here