O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de semana consecutivo e ten previsto participar nun “gran acto de precampaña” na cidade da Coruña. Así o confirmaron os populares, que xa difundiron nas redes sociais o cartel que confirma que Feijóo volverá á súa comunidade de orixe o vindeiro fin de semana.
Está previsto que participe nun acto no que o acompañarán o líder do PPdeG, Alfonso Rueda, e o candidato popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo. O acto político celebrarase ao mediodía do sábado en ExpoCoruña.

