InicioCULTURAOs vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Publicada o

Por Redacción

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará na Coruña entre os días 5 e 15 de novembro. O festival desenvolverá a súa programación entre os Cines Cantones e a Filmoteca de Galicia, consolidándose como unha das citas cinematográficas de referencia do calendario cultural da cidade.

A edición deste ano levará por lema ‘Filmar á familia’, un fío temático que vertebra toda a programación e que aborda os vínculos familiares desde perspectivas documentais e de ficción. As películas seleccionadas exploran as relacións entre pais e fillos, irmáns, nais e fillas ou avós, prestando especial atención ás historias construídas a partir da memoria, os arquivos familiares e a experiencia persoal dos propios cineastas.
O festival contará con once longametraxes na sección oficial, catro sesións de curtametraxes con 16 obras, tres edicións das CormoCharlas, a presentación dos proxectos da residencia audiovisual CormoKamp e diversas actividades complementarias dirixidas ao público e aos profesionais do sector. Entre as principais novidades destaca a presenza de cinco estreas en España: ‘Hot Water’, de Ramzi Bashour; ‘Mariinka’, de Pieter-Jan De Pue; ‘Petrolheads’, de Emil Langballe; ‘A Want in Her’, de Myrid Carten; e ‘Adam’s Apple’, de Amy K. Jenkins. Ademais, varias producións terán a súa primeira proxección en sala en Galicia.

A programación abrirase o 5 de novembro con a proxección de ‘Idiotka’ e clausurarase o día 15 coa exhibición de ‘O raio verde’, de Éric Rohmer, coincidindo co corenta aniversario da súa estrea.

Entre as actividades paralelas desta edición figuran tamén encontros con cineastas, unha sesión dedicada ao cinema afeccionado galego, unha masterclass sobre montaxe audiovisual, sesións de debate e a creación dun novo Xurado Novo, integrado por mozos e mozas de entre 18 e 27 anos que outorgarán premios ás mellores obras do certame.

A programación completa do festival pode consultarse na páxina web oficial do Cormorán Film Fest.

 

ÚLTIMAS

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here