InicioCULTURADores Tembras guía un novo roteiro da AELG entre os semáforos da...

Dores Tembras guía un novo roteiro da AELG entre os semáforos da Coruña

Publicada o

Por Redacción

Novo Roteiro literario da man da Asociación de Escritores en Lingua Galega na cidade. Este domingo 8 de novembro, a partir das 12:00 horas,  Dores Tembras guiará unha viaxe baixo o título “Unha lebre entre semáforos”.

Terá como punto de saída a porta da entrada ao Parque de Santa Margarita desde a Ronda de Nelle. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.

En palabras da autora: “Unha lebre entre semáforos é a proposta para pasar xuntas unha mañá de domingo. Un percorrido a través dos poemas e as rúas que me sitúan na miña chegada á Coruña con sete anos. A palabra dará conta do encontro cun espazo urbano por veces hostil, pero tamén de fascinio e aprendizaxe. Vides camiñar comigo?”

Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

ÚLTIMAS

O Festigual inaugurou unha mostra que repasa os seus 10 anos e recolle 5 proxectos creativos de artistas e entidades

Despois da emotiva inauguración no Teatro Rosalía, a 10ª edición do Festigual segue creando...

A Rede Fala xa permite crear 600 webs .gal en galego e de balde

Fala (fala.gal), a plataforma gratuíta para crear webs e blogs en galego, segue medrando...

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña denuncia “continuos atrasos” nas obras de ampliación do Chuac

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña e Cee denunciou "continuos atrasos"...

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here