Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha vivenda e uns soldos dignos impacta de cheo na cidade. Amencía a xornada cos piquetes informativos nos polígonos, e os primeiros datos de seguemento da folga, mentres as rúas había moito menos tráfico que outros días da semana. Un dos efectos da folga foi a redución do consumo eléctrico de máis dun 12%, por enriba doutras mobilizacións xerais
A partir das 12:00 comezaban as manifestacións. Dúas convocatorias paralelas enchían as rúas de xente, para demandar mellores salarios, unha vivenda digna e o control dos prezos, ante unha inflación desbocada que dificulta que xa sexan moitas as familias con dificultades para chegar a fin de mes. Ter un traballo neste país, incluso aínda que sexa estable, xa non é garantía de vivir con dignidade.
Manifestación de UGT e CCOO
Por un lado, os sindicatos convocantes da folga (a instancias do Sindicato de Inquilinas e Sindicato da Vivenda), UGT e CCOO convocaban á cidadanía nunha manifestación que unía a Praza das Cigarreiras coa Delegación do Goberno na Praza de Ourense. Unhas 15.000 persoas participaron segundo os sindicatos, rematando a xornada coa Internacional e o Himno Galego.
View this post on Instagram
Manifestación da CIG
Tiveron que esperar o paso da longa manifestación que a CIG, apoiada polo Sindicato de Estudantes, convocaba á mesma hora na Praza de Vigo e que baixaba por Linares Rivas camiño dos Xardíns de Méndez Núñez. Unha manifestación que tamén superaba todas as expectactivas, e que xuntaba entre 15 e 20.000 persoas, segundo a central sindical.
View this post on Instagram
”A Folga Xeral está sendo un éxito”, sinalaba o secretario da CIG, Óscar Varela ante uns Xardíns ateigados por diante e por detrás do palco da música, invitando a seguir loitando por unha vivenda e uns soldos dignos e a manifestarse na folga unitaria de Sindicatos e Colectivos Sociais que sairá ás 18:00h do cruzamento entre a Ronda de Outeiro con Avda. Fisterra, ata a Praza das Cigarreras.
View this post on Instagram
Galería
Máis novas da folga
A folga do 11N comeza cos piquetes informativos e importante seguemento nas quendas nocturnas










