InicioECONOMÍATraballador@s de CCOO mobilízanse por un convenio "xusto" no sindicato

Traballador@s de CCOO mobilízanse por un convenio “xusto” no sindicato

Publicada o

Por editor

Poucas veces unha mobilización deixou tan patente o enrarecido que está o tecido laboral, e como a subida dos prezos non vai para nada acorde coa subida dos soldos.

Esta mañá de xoves, traballadores e traballadoras dun sindicato, CCOO, saíron á rúa para demandar un convenio “xusto” e de melloras retributivas. Fixérono no marco dunha folga indefinida que manteñen para, entre outras cuestións, reclamar á dirección do sindicato en Galicia “unha subida salarial que desde 2014 non temos”, como sinalou Juan Alberto Campos, membro do comité intercentros do sindicato a nivel autonómico. “O sindicato está nestes momentos en condicións de afrontar subidas retributivas modestas”, expuxo.

Ademais, dixo que o que lles separa na negociación “é un punto e medio de incremento en cinco anos” ao pedir no seu caso “un 12,5%” para ese período e o sindicato ofrecer “un 11 por cento”. Ás demandas salariais, sumou tamén “aspectos sociais”.

“O prioritario é chegar a un acordo na cuestión retributiva, que non é insalvable, está a haber resultados positivos nas contas do sindicato”, recalcou o representante sindical sobre unha situación que afecta a medio centenar de traballadores en Galicia.

ÚLTIMAS

A pesca de baixura realizará o luns unha manifestacion marítima e por terra no Parrote

Arrinca hoxe (oficialmente o luns 19) a nova folga indefinida da parque de baixura...

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

Importante reunión a vivida onte no Auditorio do Fórum entre o Concello e o...

Nova suspensión ao proxecto das Percebeiras para incluír a parcela do antigo Padre Rubinos

O Pleno desta mañá de xoves 15 de xaneiro no Pazo de María Pita...

Inditex pechará a súa histórica primeira tenda de Zara aberta dende o 1975

Inditex pechará o próximo día 30 de xaneiro a súa primeira tenda de Zara,...