InicioDEPORTESSKPMotor analiza como vén esta fin de semana o 1º RallySprint Cerceda-Tordoia

SKPMotor analiza como vén esta fin de semana o 1º RallySprint Cerceda-Tordoia

Publicada o

Por Xurxo Varela

Este xoves 12 de novembro, doble cita no programa SKPMotor da CUAC FM, en clave de seguridade e de rally.

Comezou a sesión con Enrique Abalde, membro Agrupación de Motociclistas 4 Amigos, coorganizadora xunto co Club de Motociclistas Arosadosvento do acto que vai artellar na zona de Pontevedra, Stop Accidentes, polo Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico.
O domingo 15 de novembro, o acto celebrará a súa saída do Parque de Castrelos en Vigo arredor das 11:00 e chegada a Poio ás 13:00.

Ademais, achegouse ao estudio de CuacFM na Zapateira o piloto David Rivas e Diego Besada, secretario do Equipo Congostra, presentando o 1º RallySprint Cerceda-Tordoia, que terá lugar nestes dous concellos o sábado 14 de novembro. O rally contará con dous tramos cronometrados, cada un deles dúas veces, que percorrerán un total de 121,42 km, dos cales 44,62 km serán cronometrados. Diego contou que chegaron ao máximo de 90 entradas permitidas pola normativa.

Podes escoitar o programa nesta ligazón.

Máis novas

O presidente e candidato á reelección da Federación Galega de Automobilismo, a exame en SkpMotor

SKPMotor: 400 programas achegando a realidade do motor galego ás ondas de CUACFM

ÚLTIMAS

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

Unicaja, condenada a devolver 12.000 euros a unha familia da Coruña vítima dunha estafa bancaria a través do ‘phishing’: “Non houbo neglixencia grave”

Unha mensaxe que parece proceder do banco, unha chamada telefónica aparentemente lexítima e, pouco...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here