Este pasado xoves, o programa SkpMotor da Cuac FM mantivo unha longa conversa con Antonio Troitiño. O actual presidente da Federación Galega do Automobilismo e candidato á reelección nas eleccións deste vindeiro o domingo 15 de novembro, repasou os cambios que a FGA experimentou nestes máis de tres anos dende que Troitiño asumise a presidencia despois de 40 anos de mandato do anterior presidente, Iván Corral.
Troitiño recordou a superación dunha moción de censura, e amosou a súa intención de seguir ao fronte da FGA durante catro anos máis para completar a posta en marcha do seu programa electoral e seguir loitando pola construción dun Circuíto Galego de Velocidade, un proxecto tan demandado polos afeccionados ao automobilismo.
O segundo convidado foi Rubén Uzal, organizador da 4ª Festa do Motor, que se celebrou en Cerceda o sábado 7 de novembro, cunha exposición de todo tipo de vehículos.
Podedes escoitar SkpMotor dende a APP de CUACFM.

SKPMotor: 400 programas achegando a realidade do motor galego ás ondas de CUACFM

