InicioDEPORTESUnha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

Unha viaxe virtual en SkpMotor con Galicia Simracing Events

Publicada o

Por Xurxo Varela

No programa de SKPMotor CuacFM o gravado este xoves 19 de novembro de 2026 nas ondas da CUAC FM, dende os estudios da Zapateira.

Viaxaron a Cerceda para felicitar ao piloto David Rivas e ao seu copiloto Jose Vieitez pola súa vitoria no 1º RallySprint Cerceda-Tordoia, celebrado o pasado sábado 14 de novembro, que tivo unha gran acollida entre os 90 equipos participantes.

De Cerceda a Sarria, para coñecer a Víctor López “Tote” do club Os Carro x4 Sarria, organizadores da 14ª Ruta 4×4 da Comarca de Sarria, que se celebrou esta pasada fin de semana, cun total de 580 vehículos, entre todoterreos, motocicletas, quads e buggies, e 820 persoas.

Ademais, achegáronse a Zapateira dous novos emprendedores, Antón Ambroa (Carral) e o carballés Rubén Garcia, creadores de GSRE (Galicia Simracing Events), unha plataforma que organiza carreiras virtuais de autocross nos catro circuítos galegos (Santa Comba, Rianxo, Carballo e Arteixo).
Antón e Rubén queren presentar o seu proxecto á Federación Galega de Automobilismo para crear un Campionato Galego oficial de Autocross Virtual en 2027. Contan coa colaboración de Rubén Castro, que xestiona a páxina de Facebook “Eu autocross”, unha fonte de información de referencia sobre o autocross galego.

Podes escoitar o programa nesta ligazón.

Máis novas

ÚLTIMAS

As tapas do 22 establecimentos que participan no Concurso de Tapas Picadillo

Ponse en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de...

O Concello da Coruña investirá 15.000 euros en rehabilitar a escultura do Acuario

Jorge S. Peteiro Vázquez creou a peza escultórica para instalala en 1998 na Enseada...

Outra noite de pelexas no cruzamento na Tonda de Outeiro sáldase cun ferido por arma blanca

Un home resultou ferido nunha pelexa entre varias persoas nun local da Coruña e...

Rapahel suspende o seu concerto minutos antes de comezar a súa actuación na Coruña

Raphael suspendeu o concerto previsto para a noite do sábado, 21 de novembro, no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here