Unha comitiva municipal supervisou este luns a fase final das obras que se están levando a cabo en Entrexardíns, un proxecto que une xa as dúas partes de Méndez Núñez.
Trátase dunha actuación que busca crear un espazo con continuidade “que permitirá aos peóns pasear e facer un uso máis completo da contorna, con máis de mil metros cadrados de espazo gañados por viandantes”, sinala o goberno local.
O Concello asegura que avanza no obxectivo de dar unha unidade estética e funcional aos xardíns, “creando un paseo máis amplo e cómodo para a cidadanía”.
A obra está enmarcada na reforma dos Cantóns, e provocou o polémico cambio da parada de fin de liña dos buses metropolitanos ao lateral do Teatro Colón.
Denuncian o caos na nova parada de bus metropolitano entre o Colón e Correos

