InicioA CORUÑARécordo no Chuac: 1.000 transplantes desde o 1991

Récordo no Chuac: 1.000 transplantes desde o 1991

Publicada o

Por europapress

O equipo de transplante cardíaco do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) realizou o pasado mes de setembro o transplante de corazón número 1.000 desde que comezou a practicar este tipo de intervencións no ano 1991. Segundo informa o centro, unha vez rematada a intervención, o paciente foi trasladado á unidade de reanimación para despois pasar a planta. “Nestes momentos, atópase dado de alta no seu domicilio e o seu estado é satisfactorio”, concreta.

Engade, ademais, que ese mesmo día se realizaron tamén dous transplantes de ril e un de fígado. Neste sentido, salienta a implicación dos equipos multidisciplinares, do persoal que traballa nas unidades de reanimación e coidados intensivos, así como do persoal de enfermaría e dos servizos xerais. Do mesmo xeito, destaca que este “novo éxito” do Chuac “non sería posible sen a colaboración e a solidariedade das familias das persoas doantes”. “O transplante de órganos é o único avance científico e médico que non se pode levar a cabo sen a colaboración e a solidariedade da cidadanía”, sinala.

Nesta liña, o responsable do Programa de transplante cardíaco do Chuac, José Cuenca Castillo, destacou que “nada desta actividade existiría sen a súa xenerosidade”, en referencia a elas, e agradeceu tamén o labor dos profesionais “que contribuíron ao desenvolvemento desta actividade”. “Son 35 anos de xenerosidade”, insistiu.

CIFRAS

En cifras, o Chuac detalla que, no que vai de ano, os equipos de transplante deste complexo realizaron 131 transplantes de ril, 49 de fígado, 47 de pulmón, 21 de corazón e cinco de páncreas.Así, desde a posta en marcha do programa de transplante no ano 1981 e ata finais de 2025, no Chuac leváronse a cabo un total de 7.766 transplantes de órganos. Deles, 4.087 de ril, 1.584 de fígado, 985 de pulmón, 983 de corazón e 127 de páncreas.

ÚLTIMAS

A primeira curta da herculina Ángela Andrada estréase con Premio

Falabamos a semana pasada de Garabato, a nova curta de Alicia Úbeda con Brava....

As cifras de inserción da Fundación Secretariado Xitano

Recibíu onte unha visita institucional a Fundación Secretariado Xitano, co gallo do convenio renovado...

A MMM convoca a manifestación do 25N no centro e a Plataforma PICUS na praza Pablo Iglesias

Este mércores é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e son varias...

Calcinada por completo unha vivenda abandonada na Coruña

Un incendio orixinado na madrugada deste mércores nunha vivenda abandonada da rúa Calexa, na...