’O feminismo camiña pa’ diante, o machismo camiña p’atrás’, foi un dos cánticos que se escoitaron onte na manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres polas rúas da Coruña. Concentráronse no Obelisco e dende aí perorreron os Cantóns, atravesaron Juan de Vega ata a Praza de Pontevedra, continuando ata Praza de Galicia, para rematar na Praza de Ourense, diante da Delegación do Goberno.

Foi unha marcha numerosa, festiva e reivindicativa, onde as gaitas e pandeiretas se alternaban con cánticos como “Mulleres somos, mulleres seremos, pero na casa non nos quedaremos”; “Contra a violencia, nin un gramo de paciencia”, “Rebeldía, desobieciencia, contra a súa violencia”, ou “Sen as persoas trans, non é feminismo”.
Numerosos colectivos apoiaron a tan necesaria manifestación nestes tempos do auxe da ultradereita negacionista.
Máis novas
“Non son clientes, son puteros e agresores”. A campaña do 25N da Deputación

