O Local Asoc. Veciñal A Zoca, na Praza dos Mariñeiros, ao carón do Centro Cívico Pescadores, acolle este domingo 29, a partir das 12:00h unha singular actividade gratuita. Arquitectura sen Fronteiras, Migrantes Anónimas e a propia Asociación veciñal organizan un obradoiro creativo que emprega o collage e a escritura. Facilitado por Alejandra Ceballos do colectivo Migrantes Anónimas, baixo o nome “El barrio es un collage”.
A idea das entidades é seguir humanizando o barrio e axudar ás familias migrantes na súa integración, facilitando un espazo e tempo para compartir, reflexionar e crear algo individual ou colectivo arredor da experiencia de mudar de territorio (sexa de casa, barrio, cidade, país); das experiencias de “mudanza”, de cambios, arraigos e desarraigos, o que precisamos para pertencer, como impacta na identidade, etc.
Poden inscribirse nesta ligazón.
A Coruña Pública: a cartografía dos espazos públicos da cidade que busca financiamento
ASF organiza un novo Seminario no marco do proxecto “Agra, Barrio de Coidados”

