InicioECONOMÍAA Coruña concentra case o 50% das sociedades mercantís en Galicia

A Coruña concentra case o 50% das sociedades mercantís en Galicia

Publicada o

Por editor

A creación de sociedades mercantís en Galicia subiu un 5,6% en febreiro, en comparación co mesmo mes de 2022, ata situarse nas 396 compañías, 21 máis que hai un ano e 35 máis que en xaneiro, segundo a Explotación do Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme) publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e recollida por Europa Press.

En concreto, desta cifra 175 empresas foron constituídas na Coruña, supondo o 44,19% do total. Pontevedra contabilizou 149 novas compañías, seguida de Ourense, con 44, e de Lugo, con 28.

En canto a sectores, o 23,48% das firmas creadas en febreiro pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia foron a hostalaría (co 15,15% das empresas constituídas), a construción (11,62%), as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (10,61%) e o resto de servizos (10,61%).

As sociedades constituídas en febreiro desembolsaron un capital total de 20,2 millóns de euros, un 39,26% menos que hai un ano e un 31,3% menos que en xaneiro de 2023. “A presenza do sexo masculino segue sendo maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 357 socios fronte a 130 socias en febreiro de 2023”, engadiu o IGE.

ÚLTIMAS

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

Rey di “estar á espera” de reunirse coa Xunta para abordar os fondos de zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, asegurou que o goberno local está...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here