InicioMOV. SOCIAISO activista Miguel Anxo Abraira vese obrigado a abandonar a súa folga...

O activista Miguel Anxo Abraira vese obrigado a abandonar a súa folga de fame

Publicada o

Por editor
Este pasado venres 4 de marzo, o veciño e portvoz de LiGanDo, Miguel Anxo Abraira, convocaba unha concentración diante da Delegación do Goberno na Coruña para reclamar o cumprimento dos prazos lexislativos das administracións. Facíao no marco da folga de fame que leva desenvolvendo ás portas da Delegación dende o pasado 23 de febreiro.
Unha folga de fame feita en condicións moi duras pola friaxe que estivo facendo estes días e  que o levou a ter que camiñar moito durante os días de acampada que estivo diante da Delegación do Goberno para manter o calor corporal. Esta folga de fame fíxolle xa perder a Miguel Anxo máis de 6 kg de peso.
É precisamente por iso que decidiu abandonar esta folga, polos problemas de saúde que está tendo e porque lle foi retirada a súa tenda de campaña. “Fágoo para non poñer en perigo a miña saude e por que as predicións metereolóxicas de fortes chuvias para a vindeira semana fan inviable continuar coa mesma ao terme sido retirada a tenda de campaña por parte da alcaldesa da Coruña vulnerando os dereitos constitucionais“.
Folga de fame miguel Anxo Abraio 2 tenda
A folga de fame remata sen ter conseguido nin sequera a entrevista solicitada co alcalde de Miño, moito menos un compromiso de solución ao seu problema. “Este feito é unha clara demostración do despotismo do Sr. Faraldo que aplica a cultura da dominación na a súa forma de gobernar que consistente en: forte co débil – débil co forte”.
Na concentración ademais da intervención de Miguel Anxo Abraira dirixiuse aos asistente, en nome do Colectivo Berro Seco na Defensa dos Dereitos e Liberdade a súa presidenta, Lidia Senra. “É sabido que os administrados/as cando non cumprimos cos prazos perdemos dereitos, somos sancionados ou temos que asumir importantes recargos eonómicos. Pola contra, cando a administración incumpre os seus prazos non sucede absolutamente nada coa administración culpable nin co funcionario/a que pola súa pasividade provoca dito incumprimento”, explica o protagonista.

ÚLTIMAS

A Coruña abre o prazo para repartir 80 composteiros domésticos de balde

O Concello da Coruña abriu unha nova convocatoria para a entrega de 80 composteiros...

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here