InicioSOCIEDADEA área da Coruña queda sen coordinador da súa Atención Primaria tras...

A área da Coruña queda sen coordinador da súa Atención Primaria tras a marcha da actual directora

Publicada o

Por europapress

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns unha orde coa convocatoria pública para cubrir, por libre designación, a Dirección de Atención Primaria da área Sanitaria da Coruña-Cee.

E é que a anterior titular deste posto, que estaba cuberto de forma interina, accedeu a unha praza asistencial incompatible co posto de directivo, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Agora, tras a renuncia desta facultativa, o Sergas abre unha convocatoria pública para a que os interesados teñan 10 días hábiles –ata o venres 17 de marzo– para presentarse. Os aspirantes deben presentar o modelo de solicitude do anexo II da orde e o seu currículo. A resolución farase pública no DOG e o posto poderá declararse deserto.

Precisamente, este luns publicouse tamén unha orde pola que se declara deserto o posto de xefe de servizo de Análises Clínicas na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, porque non concorreu ningún aspirante.

AMPLIACIÓN DO CHUAC

Por outra banda, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mostrouse confiado en que se logre un acordo co goberno local da Coruña sobre a ampliación do complexo hospitalario universitario (Chuac), aínda que lle instou a precisar que “problemas” hai co convenio remitido.

Pola súa banda, a alcaldesa, Inés ReY, a preguntas dos xornalistas, e sobre a reunión fixada para o día 14, indicou que a posición do goberno local é a de “máxima colaboración e o máximo respecto institucional”.

Á súa vez, cuestionado sobre este asunto, con motivo da inauguración das obras de remodelación do pavillón deportivo de Monte Alto, o presidente da Xunta instou ao consistorio a concretar os “problemas” existentes.

ÚLTIMAS

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...