Un achado casual nunha casa de Aranga acaba de de abrir unha interesante vía de investigación no mundo da arqueoloxía. Unha veciña da localidade atopou unha pedra labrada cando tentaba restaurar esta vivenda a poucos metros da Igrexa na parroquia de San Vicente de Fervenzas. Uns achados que foron comunicados ao Colectivo A Rula que confirmou que se trataba dun ara votiva romana adicada a Xúpiter.
“Nesa parcela hai unha casa de pedra qiue estaba completamente cuberta por maleza. Limpámola e xusto vimos esa pedra facendo de chanzo de entrada. Como tiña un debuxo e unhas letras, pensei q podía ser algo importante, así que púxenme en contacto coa asociación Colectivo a Rula“, indica Bea Rodríguez, a propietaria da casa.
Tras unha investigación máis exhaustiva os integrantes da Rula tamén investigaron un pedra cun raro entrelazado castrexo. “De feito, é o único deste tipo atopado na Coruña”, apunta Luis Leclere, de A Rula. Consiste nun entrelazado da mesma tipoloxía que os atopados anteriormente no sur de Galicia, norte de Portugal e Asturias.
A ARA
Trátase de pedra rectangular de gran medio cos bordos irregulares nos extremos, o que segundo este colectivo fai pensar que a peza non se conserva enteira. Esta ara súmase a outra xa topada na mesma igrexa, tal e como apuntou Bea. “Pola zona pasa a calzada Romana, polo q este achado dá contexto ao interese patrimonial que ten o lugar”, di.
As últimas reformas de importancia realizadas no templo fixéronse en 1967 e durante estes traballos localizouse baixo o altar outra ara romana similar, que na actualidade consérvase no Museo das Mariñas de Betanzos. Este achado fixo que especialistas como Rosa María Franco Maside sitúa alí o trazado dun ramal secundario da Vía XX Per Loca Maritima. “Eu axiña que souben o que era comuníqueo a patrimonio Cultural e pedinlles que quería depositala no museo das Mariñas de Betanzos, que é onde está a outra que apareceu hai 60 anos, a uns 70 metros ao norte de onde está está”, di a veciña.
Segundo o informe do colectivo, en San Vicente de Fervenzas cabe a posibilidade de que tanto as aras como o entrelazado proveñan do castro das Cotorras, de considerables dimensións, ou do lugar que actualmente ocupa a igrexa parroquial e onde existiu previamente un templo ou santuario. De feito, A Rula aposta por esta segunda opción, dado que aseguran que ambas as pezas foron reutilizadas ocupando espazos cheos de significado como a actual base do altar da Igrexa ou o entrelazado no muro do templo.
OUTROS ACHADOS
Claras evidencias da súa importancia loxística en época romana son o vestixios arqueolóxicos, as estelas e aras localizadas na actual comarca de Betanzos, as estelas funerarias de Fisteus en Curtis, a de Mazarelas en OzaCesuras, as de Recebés e Espenuca en Coirós, a de Grandar en Vilarmaior e as aras de Perbes en Miño, San Vicente de Présaras en Vilasantar, a da capela de San Salvador de Pereira.
Por iso, a Rula aposta por facer un estudo en profundidade da contorna inmediata da igrexa de San Vicenzo que teña por obxecto determinar se no lugar houbo un asentamento de certa importancia no período da dominación romana. Ao carón da igrexa consérvase a cimentación da casa reitoral que arruinada aínda se conservaba non hai moitos anos e que, a pesares de ter protección legal foi case completamente desmantelada. “Este