InicioMOV. SOCIAISASARGA presenta o documental que reune testemuños sobre o sarcoma

ASARGA presenta o documental que reune testemuños sobre o sarcoma

Publicada o

Por editor

O documental “O Sarcoma día a día” conta co testemuño de nove mulleres, pacientes de sarcoma ou cuxos familiares sufriron esta enfermidade. “É o primeiro documental que reúne testemuños de pacientes con sarcoma”, indicou a presidenta de ASARGA (Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial), Iara Mantiñán durante a presentación realizada esta mañá na Deputación da Coruña.

A entidade, creada na Coruña en 2020 dende varias familias afectadas, e que recentemente converteuse en asociación estatal, axuda ás familias no tratamento deste tipo de cancro, unha enfermidade rara, que supón o 1% das tumoracións malignas.

O DOCUMENTAL

Este proxecto audiovisual, baseado no libro homónimo que publicara no ano 2021, busca dar visibilidade a esta enfermidade rara e concienciar á sociedade sobre o sarcoma.

No documental faise fincapé en distintos aspectos que rodean a esta enfermidade. “O seu carácter aleatorio, tes unha vida aparentemente normal e de repente todo se trunca por esta enfermidade. O carácter aglutinador do cancro, que o engloba todo. Non só falamos dun tema médico cando mencionamos o cancro, taménp oñemos sobre a mesa o desemprego, o illamento ou as dificultades sociais. E por último, o carácter inusual do sarcoma, que alén de ser un cancro, tamén é unha enfermidade rara para a que existe pouca investigación e visibilidade”, sinalaron as responsables de ASARGA.

“As nove mulleres, cinco pacientes e catro familiares, que participan neste documental contan a historia de centos de persoas que queren ser escoitadas e deixar de ser casos illados dunha doenza invisible”, puntualizou Mantiñán, quen fixo fincapé na soidade dos pacientes ante unha enfermidade así.

O documental está protagonizado por Carolina Castiñeiras Brandón, Iara Mantiñán Búa, Raquel Rubio García (nai de Juan Antonio López Rubio), Raquel Albert, Susana Marquez (nai de Izarbe Gil Marquez), Gloria Cerezo Navas (irmá de carolina Cerezo Navas), Carmen María Marín Vera, María José Díaz Hernández e Patricia Valero Casanova (irmá de Fernando Valero Casanova). Tamén participan a doutora María Mayán, xefa de INIBIC do CHUAC, e Arabia Paredes, traballadora social de ASARGA. A peza audiovisual está dirixida por Carlos Babío e conta con guión de Carlos Ares.

“É un documental no que non se aprende sobre a enfermidade, senón sobre a vida”, recordou o guionista Carlos Ares.

A entrada á estrea do documental, o vindeiro mércores 19 de abril ás 19.00 no Teatro Colón, será gratuíta ata completar aforo.

 

ÚLTIMAS

A creadora de contido @afropoderossa denuncia un acto de racismo na Pelícano

A Coruña, cidade onde ninguén é forasteiro, en pleno século XXI. Onde aínda pasan...

Os traballadores municipais de Cambre volveron saír á rúa ante a paralización das negociacións coa nova alcaldesa

Non decae, nin mellora, o conflito laboral que se vive no seo do Concello...

Nova multitudinaria manifestación na Coruña trala xornada de folga xeral por Palestina

Valoración máis que positiva da xornada de folga xeral e das mobilizacións deste 15...

Persoal da UDC crea arrecifes con cunchas de vieira de restaurantes con estrela Michelin

Un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, con sede no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here