Inicio Blog Páxina 670

Os coidadores de pacientes con enfermidade de Alzheimer: ‘pacientes ocultos’ que pasan desapercibidos

0

O coidado dos pacientes con enfermidade de Alzheimer recae maioritariamente nun familiar próximo que asume a súa labor movido por un deber moral e un profundo vínculo afectivo pero sen ter, a cambio, remuneración económica ou destrezas para implementar ben a súa labor.

Tradicionalmente, esta figura tiña nome de muller -en probable relación con factores de índole psicobiolóxica ou menor empregabilidade-, pero hoxe en día, os cambios sociais a nivel demográfico e de estrutura familiar fai posible que cada vez haxa máis coidadores homes que integran o coidado a un enfermo dependente nas súas tarefas diarias. Existe unha tendencia, e tamén unha recomendación, que defende que os enfermos deben de permanecer o maior tempo posible vinculados á familia a á comunidade en aras de preservar os lazos afectivos e manter as rutinas, cousas que parecen incidir positivamente nunha maior estabilidade clínica. Neste escenario que se presenta como ideal, a familia asume una carga importante que empeza a xestarse cando reciben un diagnóstico devastador que altera a súa dinámica, desencadeando todo tipo de desaxustes en diferentes aspectos, motivo polo cal, esta enfermidade, cualifícase como ‘enfermidade familiar’.

Diferentes estudos que deixan patente o deterioro físico, emocional e de saúde que sofren los coidadores. Os coidadores, infradiagnosticados e cun escaso coñecemento da enfermidade, amosan un incremento considerable da frecuencia de enfermidades psicolóxicas e físicas, adoitan ter maiores niveis de ansiedade e depresión, síntomas somáticos, sensación de illamento social, peores niveles saúde auto-percibida, e precisan de atención psicolóxica e consumo de fármacos psicotrópicos en maior medida que a poboación xeral. Ademais, un coidador sobrecargado ou desorientado ten moitas posibilidades de instaurar pautas de coidado pouco axeitadas para o enfermo.

Chegado a este punto, sería necesario reflexionar sobre si as institucións, que descansan o traballo de coidados nas familias aforrando con iso importantes custes, están a altura de corresponder de maneira equitativa a quen dedica anos da súa vida a coidar sen descanso, porque o coidado de larga duración é como ter á comida ó lume, nunca se pode deixar sen atender.

Ana Diaz Cortés, socióloga, doutora en Saúde e depkendencia pola Universidade da Coruña

O menor que agrediu outro mozo cunha navalla, ingresado nun centro de menores

0

O Ministerio Público solicitou o internamento do menor que se entregou este luns en dependencias policiais tras a agresión cunha navalla a un mozo na Coruña o fin de semana, un internamento nun centro de menores que xa se ordenou, segundo confirmou esta mesma mañá o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.

Foi tras a posta a disposición do mesmo á Fiscalía por parte da Policía Nacional na tarde do luns, día no que, pola mañá, entregouse na comisaría. Posteriormente, quedou detido como presunto autor da agresión.

Trátase dun menor que, como outros, participou na tarde-noite do sábado no incidente que derivou na agresión. Produciuse despois de que varios mozos trasladásense á contorna da praza de Recife, na Coruña, onde hai unhas pistas polideportivas. Alí iníciase por parte deste grupo unha discusión con outros que estaban a xogar ao baloncesto.

Outros mozos que tamén estaban no citado lugar saíron en defensa do grupo que se atopaba inicialmente na praza. A continuación, prodúcese unha “forte discusión”, segundo a investigación, que se traslada á zona de Médico Rodríguez, en confluencia con Juan Flórez, onde ten lugar a agresión.

A mesma foi, de acordo coa información facilitada pola Subdelegación do Goberno na Coruña, cunha navalla de pequenas dimensións e co resultado de “tres picadas” á vítima, que foi trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac), onde lle deron o alta o domingo.

Sobre este caso, o delegado do Goberno en Galicia explicou que o presunto autor personouse coa familia e un avogado nas oficinas da Policía Nacional e que, tras tomarlle declaración e porse a disposición da Fiscalía, ordenouse o seu ingreso nun centro de menores.

A investigación segue aberta para coñecer o alcance de todas as participacións que puido haber“, ratificou Miñones, quen descartou que se trate dunha “cuestión de bandas”. “Non existen bandas como tales aquí en Galicia”.

Liceo – Caldes nos cuartos de final da Copa

Na tarde de onte celebrouse o sorteo da Copa do Rey en Calafell. Se xa vimos como quedaba o cadro feminino onde compiten as nosas, o bombo tamén foi benigno co Deportivo Liceo e emparellárono co Caldes nos cuartos de final. O equipo catalán é, teóricamente, o rival máis asequible dos clasificados, pois agora mesmo marcha noveno na táboa da OK Liga. Pero todos sabemos que nas eliminatorias a partido único pode acontecer de todo, e ese é precisamente o maior atractivo da Copa, a competición máis impredecible e emocionante.

Se o Liceo é quen de superar a eliminatoria, enfrontaríase ó gañador do Noia – Voltregá. No outro lado do cadro: Barcelona – Igualada e Reus – Calafell completan os cruces de cuartos. Vemos que o Liceo evitaría ó temido Barcelona ou ó potente Reus ata unha hipotética final. Aínda que non foi mal sorteo para os verdibrancos, o camiño ata o título nunca é doado. Agardamos con impaciencia ó 2 de marzo para ver rodar a bola.

 

  • Fernando Campos Matiñán. Comecei a xogar ó hóckey sobre patíns no Liceo ós 8 anos.
    Licenciado en CC. Da Actividade Física e o Deporte no INEF de Galicia. Entrenador e preparador físico de varios clubes (INEF Galicia, CP. Ordenes, EMH Cee, HC Liceo) Actual entrenador do Colexio Obradoiro.

MÁIS NOVAS DE HOCKEY

A alcaldesa da Coruña sinala que a elección da cidade como sede da AESIA: “Foi un proceso baseado en criterios obxectivos”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, manifestou entender, desde o punto de vista humano, a “frustración” en Granada por non ser elixida como sede da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia), pero insistiu en que a elección da cidade herculina responde a “criterios obxectivos”.

O proceso foi transparente, público, baseado en criterios obxectivos, unha comisión técnica que valorou as candidaturas presentadas e elixiu A Coruña como a mellor”, recalcou.

Fíxoo a preguntas dos xornalistas e despois de que o Concello de Granada formalizase o recurso ante o Tribunal Supremo contra o acordo do Consello de Ministros do pasado 5 de decembro.

Sobre esta cuestión, a alcaldesa herculina contrapuxo a postura de Granada, que cualificou de “belixerante”, coa do “resto de cidades” que optaban a ser sede e das que dixo obter “felicitacións” e ofrecementos de “colaboración”.

O Volei Zalaeta sementa talento

0
  • O club precisa máis instalacións para desenvolverse.

—-

Un club de instituto que é toda unha referencia da categoría de prata do voleibol español dende a fundación da SuperLiga Feminina 2. Compite máis arriba que o mesmo Deportivo, a pesar de que a súa visibilidade sexa infintamente menor.

Así é o Volei Zalaeta Autos Cancela. O cadro herculino é un todo un exemplo de perserverancia, de dedicación, de demostración de que a canteira pode, tendo en conta que falamos dun equipo que non paga ás súa xogadoras (apenas ofrece aloxamento a algunhas de fóra) pero compite con equipos profesionais.

O Club ten un orzamento de arredor dos 100.000 euros, cun 80% provinte da Xunta, sobre todo, e do Concello. E cos cartos do primeiro equipo sufragan a metade das categorías inferiores, que ten que cobranr cota mensual ás familias, sobre todo polos desprazamentos, xa que a meirande parte dos 14 equipos compiten en Ligas Autonómicas.

Son 140 nenas as que forman parte desta familia, que serían moitas máis de dispoñer de máis espazos para adestramentos. “Este ano tivemos que rexeitar 50 solicitudes de rapazas da cidade por non ter espazo onde adestrar”, recoñece o adestrador Jorge Barrero Amor.

Recoñece que o club recibiu un aluvión de solicitudes á saída da pandemia, de aí que o seu crecemento dependa dun novo pavillón. Porque o pequeno pavillón que teñen detrás do Instituto fica máis que saturado cada semana, e o pavillón do Barrios das Flores, o que lle corresponde, é compartido.

A competicións

Foi unha bombonera o pavillón o pasado venres. O equipo recibía a todo un Leganés, inmerso na loita polo ascenso. As herculinas tiñan un dos últimos trens e fixeron un partidazo pero caeron 2-3 nun apretado 5º set. Comandadas por unha espectacular Emma Ordóñez, as herculinas foron quen de manter a incerteza ata o final, pero acabaron caendo por 20-25/25-17/18-25/25-23/9-15).

Quedan na 5ª praza, a 6 puntos da terceira praza, que dá acceso ao playoff de ascenso.

Sementando

rptnb

Nas bancadas do Barrios das Flores, ademais do bombo habitual, había un grupo procedente do CEIP Torre de Hércules. A rapazada escolleu o Barrio das Flores por diante de Riazor, uns días despois de que a xogadora e adestradora da base Andrea Rivas, e o preparador físico Emilio, acodisen á chamada da ANPA para dar unha masterclass na actividade extraescolar de voleibol.

Xogadora e preparador aprendéronlle moitas cousas á máis de 40 rapaces e rapazas do centro de ensino de Monte Alto, espallando así a semente. Seguro que algunha rapaza acaba no club veciño.

Volei Zalaeta no Torre de Hercules

Fuga de gas na rúa México con Alcalde Pérez Ardá

0

Varias dotacións de bombeiros e da Policía local e nacional acudiron sobre ás 21.00 horas desta tarde á intersección da rúa México con Alcalde Pérez Ardá por un aviso de fuga de gas do subministro público da cidade.

Foron os veciños os que alertaron a Emerxencias da posible fuga ao sentir cheiro na zona e mesmo escoitar un ruido estrano que procedía dun dos sumidoiros que se atopa ao carón da beirarrúa.

Tras a chegada dos efectivos de emerxencia decidiuse chamar a unha empresa especializada, A. Taibo, que se fixo cargo da situación. Non houbo que lamentar ningún ferido segundo informan fontes veciñais a Xornal da Coruña.

A alcaldesa da Coruña, tras a agresión a un mozo: “O reforzo policial ten que verse”

0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu a demandar un reforzo policial tras a agresión a un mozo na Coruña este fin de semana por parte, presuntamente, dun menor que se entregou á Policía.

“O reforzo policial ten que verse”, sinalou a preguntas dos xornalistas. Mentres o delegado do Goberno, o tamén socialista José Miñones, instou a quedar coa “fotografía xeral”, en relación aos datos de seguridade na cidade, e “non con circunstancias que pasan nun determinado momento”.

Inés Rei, que desexou unha “pronta recuperación” ao novo, trasladou a posta a disposición por parte do consistorio de medios en materia de atención social ou psicolóxica, así como o que a familia “poida necesitar”.

De novo, expresou a súa condena polo suceso e aseverou que pediu á Delegación do Goberno que “reforce a presenza policial na cidade”, ademais de ofrecer o “apoio” da Policía Local para “establecer operativos especiais nas zonas que sexa necesario facelo onde eles determinen que se poida producir algún tipo de conflito”.

Mentres, Miñones asegurou entender o “malestar” por parte da Alcaldía, coa que dixo estar en contacto. No entanto, indicou que “cando ocorren estas circunstancias, todos sentimos esa sensación de impotencia, pero hai que trasladar que as forzas e corpos de seguridade traballan para resolver estas causísticas”.

Apertura de Marea Atlántica a “quen queira sumarse” ao proceso cara as municipais

0

O candidato da Marea Atlántica á Alcaldía da Coruña, Xan Xove, e a portavoz municipal, María García, apelaron a conformar un programa electoral “participativo” que dea “resposta” aos retos da cidade. Tamén abriron a formación a “quen queira sumarse”.

Fixérono despois de facer balance do acto celebrado o sábado no centro cívico de Monelos, no que un centenar de persoas e unha vintena de entidades achegaron propostas de face ao programa electoral.

Quedou claro que á xente preocúpalle o acceso á vivenda, a mobilidade, a desigualdade, a transición ecolóxica e a emerxencia climática, os coidados e a saúde mental“. “Tamén a integración dos peiraos na cidade e a falta de espazo público”, indicaron.

“Cuestións nas que a Marea Atlántica leva traballando desde o seu nacemento e cuestións nas que o goberno de Inés Rey asinou acordos que ou ben incumpre ou ben implanta con desgana”, resumiu Xan Xove.

A Audiencia da Coruña non reducirá a condena a un avó por abusar sexualmente de dúas netas

0

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, rexeitou revisar a condena de seis anos de prisión imposta a un avó que abusou sexualmente de dúas netas.

A través dun auto, con data de 26 de xaneiro de 2023, os maxistrados descartaron rebaixar a pena, imposta por este mesmo tribunal en setembro de 2016, porque a reforma do Código Penal emanada da Lei de só si é si “non resulta máis beneficiosa” para o reo.

Os maxistrados subliñan que debe terse en conta que a resolución que no seu día ditou a Audiencia Provincial xa considerara a existencia tanto de prevalemento como de continuidade. Contra o fallo da Audiencia aínda cabe presentar recurso.

En 2016, fora condenado a seis anos de cárcere por abusar sexualmente das súas dúas netas cando tiñan 11 anos en 2007 e 2013, respectivamente.

MÁIS DE 38 REBAIXAS DE CONDENAS

Desde a entrada en vigor da Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual, as audiencias provinciais galegas e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revisaron e emitiron polo menos 72 decisións –tanto revisións de penas xa impostas como recursos– referidas a condenas.

Delas, polo menos 38 supuxeron unha rebaixa da pena dos delincuentes, mentres que no resto de ocasións, unhas 35, mantida a condena porque a Lei do só si é si suporía que o xuízo se saldaría cunha pena maior que na que se puxo no seu momento. Aínda que non transcenden desde as audiencias todas as peticións, tal e como aclararon fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Deputación e o Concello da Coruña apoian a protesta do día 12 en defensa da sanidade pública

0

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa herculina, Inés Rey, trasladaron o apoio de ambas as institucións á manifestación convocada o día 12 en Santiago de Compostela pola plataforma SOS Sanidade Pública.

Así o expresaron tras senllas reunións con representantes da citada plataforma e para reclamar medidas ante unha sanidade pública que, en palabras da rexedora, está na “UCI”.

Tras reunirse coa alcaldesa, o portavoz do colectivo, Manuel Martín, lembrou que, entre outras cuestións, demandan o “fortalecemento” da Atención Primaria. Sobre a manifestación, dixo que o obxectivo é demandar accións e dicirlle ao Executivo galego “que non queremos que a nosa sanidade funcione como está a funcionar, que queremos que sexa accesible, eficaz e útil”.

Pola súa banda, a rexedora asegurou que as demandas son “tan obvias que, ás veces, ruboriza ter que explicar que necesitamos unha Atención Primaria de calidade e que non podemos vivir nun colapso permanente con esperas de entre cinco e 25 días para ver un médico de cabeceira”. “A resposta da Xunta é un recorte en equipamentos e en persoal”, engadiu.

Ademais, argumentou que a sanidade galega “está na UCI e o señor Rueda ten que empezar a asumir as súas responsabilidades”, manifestou en referencia ao presidente galego, ao que convidou a “abandonar” o modelo “escapista que tiña Feijóo”.

MOCIÓN

Tamén o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, trasladou a representantes da plataforma o apoio á manifestación do domingo. Un apoio que foi referendado no último pleno do organismo provincial, aprobada co voto favorable de todos os grupos, menos o PP. Nela, ínstase á Xunta de Galicia a “mellorar o deficiente sistema asistencial na Atención Primaria”, entre outras reivindicacións.

Con motivo do encontro, Formoso, tamén secretario xeral do PSdeG, instou á cidadanía a participar na mobilización “en defensa dun sistema sanitario público que conta con grandes profesionais, pero que enfronta un grave perigo: que se favoreza a sanidade privada en detrimento de a pública”.