Inicio Blog

Ferido grave un mozo de 25 anos tras un atropelo na Coruña

0

Un mozo de 25 anos resultou ferido tras sufrir un atropelo grave na Coruña. Segundo os testemuños, o condutor implicado deu á fuga do lugar dos feitos. Segundo informou o 112 Galicia, uns minutos despois das 2.00 horas, varias persoas chamaron para avisar dun atropelo na Avenida do Porto da Coruña. Todas coincidían en sinalar a gravidade do impacto e pedían urxentemente asistencia sanitaria.

Ao lugar desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, pouco despois, confirmaron o traslado da persoa ferida, sinalando que se trata dun mozo de 25 anos de idade. Pola súa banda, os axentes da Policía Local encargáronse de recoller datos e información para poder investigar o sucedido.

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto de traballo. Como xa avanzamos a semana pasada, o persoal da Compañía de Tranvías, concesionaria do servizo de transporte público urbano na cidade, ten convocada unha folga para ese día.

O Comité, composto polas seccións sindicais UGT, CIG e o grupo independente GTT, quere denunciar os abusos que leva creando a protagonizando a empresa durante anos. Os traballadores buscan un novo convenio laboral “para que os compañeiros e compañeiras con contratos precarios pasen a ser indefinidos”; para que “a empresa non pise os nosos dereitos”, para que “as persoas usuarias entendasn nosos problemas”, e para que “a nova concesión mellore as nosas condicións laborais”, sinalan en relación á aínda pendente licitación da nova concesión, prorrogada dende o 31 de decembro de 2024.

O Comité denuncia que a empresa invista no cambio de imaxe paro manteña o mesmo servizo que nos anos 90, tendo beneficios millonarios (de máis de 6millóns de euros en 2025); denuncia a precariedade laboral que provoca o uso dos contratos máis baratos para “explotar” ás novas persoas condutoras, con “horarios imposibles”.

Bus Protesta

Durante a xornada do luns, ademais, fletarán un autobús-protesta, que saírá informando á cidadanía das Cocheiras dos Rosais ás 8:00h e fará paradas na Casa da Auga (8:30h), na Praza de Pontevedra (9:00), no Obelisco (9:30) e na Praza de Pontecedra (10:00h).

Servizos Mínimos

A CIG rexeita e manifesta o seu total desacordo cos servizos mínimos impostos polo Concello da Coruña para a xornada de folga. Para esta xornada, o Concello impuxo unha actividade obrigatoria do 70% superando con moito os servizos mínimos decretados para a folga xeral do 11 de novembro, que quedaron fixados no 54%. “A CIG non entende que criterios segue agora o Goberno local para elevar un 16% máis a actividade, cando a folga do luns se fará nun día laborábel de condicións similares ás que se poden dar nun mércores.”

Máis novas

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

A conexión cos hospitais e a ampliación do autobús nocturno, entre as principais demandas do plan de bus urbano

Sindicatos critican a “nula” intención negociadora da patronal do transporte de bus na Coruña

 

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

0

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo do Día da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora o 25 de novembro, e que se centrará na dixital e na vigaira.

A mesma incluirá xornadas profesionais, talleres nos institutos, teatro, cinema e actividades para os máis pequenos e pequenas, segundo informou a alcaldesa, Inés Rey, xunto á concelleira de Igualdade, Nereida Canosa.

Será coa lema ‘Non hai escusas’. “A vida, a seguridade e a liberdade das mulleres e das súas fillas e fillos non son patrimonio de ninguén, son unha obrigación de todas as institucións e de todas as forzas democráticas”, aseverou a alcaldesa.

Especialmente, a rexedora trasladou a súa preocupación pola situación entre os mozos, despois de que o último Barómetro Mocidade e Xénero recolla que un de cada cinco novos considera que a violencia de xénero non existe ou é un invento ideolóxico.

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

0

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da Xunta na ponte da AC-214 sobre o río Mero, ao seu paso polo concello coruñés de Cambre. O corte de tráfico prolongarase ata o 4 de decembro. Haberá desvíos cun itinerario alternativo polas estradas AC-213 (polígono industrial de Alvedro-Os Campóns) e a DP-1702 (Cambre-A Rocha).

A actuación que se desenvolverá nesta obra de paso, duns 62 metros de lonxitude, consistirá na substitución de dous apoios situados en dous piares da estrutura para recuperar a súa correcta funcionalidade. Ademais, acondicionaranse os outros dous apoios dos estribos que non se substitúen. Para executar estes traballos son precisas manobras de elevación do taboleiro da ponte, cun levantamento máximo previsto dun centímetro, polo que é necesario cortar a circulación na estrada.

Posteriormente, continuarán os traballos restantes, cun investimento global de máis de 100.000 euros. As tarefas forman parte do contrato de inspección e revisión de estruturas por parte do Goberno galego.

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

0

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este luns 16 de novembro o seu libro de poemas Serea e Ulises ao Fórum Metropolitano.

A poeta cormelá afincada nos Mallos, e unha das almas da Editorial Medulia, presentará esta fermosa edición facsimilar, co seu puño e letra, desta viaxe polos sentidos do amor.

A cita, na que estará acompañada polo xornalista Ubaldo Cerqueiro (XornaldaCoruña), será o vindeiro luns 16 de novembro ás 19:00h na Biblioteca do Fórum.

Máis novas

A Serea de Ulises espiuse na Agra

Diana Varela Puñal volve á poesía coa edición facsimilar de “Serea e Ulises”

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Monelos, na Coruña, convocados pola Federación de Construción e Madeira da CIG (FCM-CIG). Fano ante o anuncio do despedimento da totalidade dos traballadores e traballadoras que integran o servizo de conservación e mantemento de leitos fluviais de Augas de Galicia, externalizado desde hai anos á empresa EULEN.

A EULEN comunicoulles ao persoal a súa decisión de non concorrer á nova licitación do servizo, anunciando a extinción dos contratos “por causas obxectivas”.

A FCM-CIG considera que “esta decisión empresarial non pode desvincularse do conflito laboral que o persoal mantén desde hai un ano para conseguir a aplicación do convenio colectivo que legalmente entende que lle corresponde, o provincial de Rematantes e Serradoiros, e non o miserento Convenio Estatal de Actividades Forestais, cunhas condicións socioeconómicas considerabelmente peores ao conquistado pola CIG na Coruña”.

Ante a falta de resposta empresarial, a CIG presentou unha denuncia na Inspección de Traballo e, posteriormente, promoveu un conflito colectivo que, tras rematar sen acordo o acto de conciliación, hai uns días foi trasladado á vía xudicial.

A FCM-CIG critica tamén a falta de resposta de Augas de Galicia, á que se dirixiu en reiteradas ocasións, incluída unha solicitude formal de reunión urxente presentada o pasado 23 de outubro, para abordar a situación do persoal e procurar alternativas que permitan preservar os postos de traballo. “Pasado máis de medio mes, o responsábel directo do servizo, Roberto Arias, nin se dignou a atender ao persoal”, lamentan.

 

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de Abanca, o Centro Ocupacional Pascual Veiga leva 35 anos (33 neste local despois de comezar Rúa Pascual Veiga, e de aí o seu nome) ofrecendo un espazo dirixido a persoas adultas con diversidade funcional intelectual.

25 persoas usuarias adultas pasan alí as xornadas diarias, mellorando as súas competencias e autonomía, gracias a este recurso, comandado polas Asociación de Nais e Pais do Centro.

Pero o seu futuro está no aire, unha vez que a propiedade do espazo sito na Rúa Vila de Laxe está considerando reverter a concesión. Falamos dun local cedido coa intervención do Concello, pero de propiedade da Fundación Abanca. E segundo puideron coñecer dende o Centro Ocupacional, non parece que entre nos plans da Fundación estender o convenio que caduca en 2030, segundo lle trasladaron cando lle solicitaron realizar unhas obras no local.

Centro Ocupacional Pascual Veiga na Coruna
O Centro Ocupacional Pascual Veiga na Coruna

O BNG preguntaba no pleno de onte pola situación ao goberno municipal, solicitando que axudase ao Centro a manter o arraigo no barrio no que leva 16 anos, mediando con Abanca para estender o convenio ou conseguindo outro local.

A Concelleira de Servizos Sociais Nereida Canosa asegurou que “temos sensibilidade”, pero recoñeceu que “non é propiedade do Concello, polo que non nos podemos comprometer ao que pase despois do 2030”. Exlicou que levan varias reunións coa propiedade, como a de maio, na que “non tivemos un compromiso de renovación, pero non dixeron que non, de feito, faremos unha nova reunión”, sinalou en relación a Abanca.

O Concello tamén propón un posible traslado a un local, propiedade tamén de Abanca, no barrio de Monte Alto, moi adaptado ás necesidades da entidade. Deixou claro Canosa que “este concello non os vai deixar só”.

Con todo, dende o centro lembran que levan dende maio solicitando unha reunión coa alcaldesa, abalada por 400 sinaturas, da que non teñen resposta.

Máis novas

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais do 29 de novembro de 2026. Os partidos celebraron diferentes actos para dar comezo a esta campaña, marcada pola histórica manifestación pola folga xeral da vivenda, pero tamén polos discursos de odio.

Na provincia da Coruña hai 8 escanos en xogo. Parece claro que o PP conseguirá 4, e as enquisas danlle 2 ao PSOE. Os outros dous están entre o BNG, que sacaría 1 con seguridade e que loitaría o segundo con VOX.

As enquisas volven castigar aos dous grupos da esquerda estatal, pois ambos quedarían sen representación na provincia tras volver a presentarse por separado.

Actos

O PP celebrou un acto con Miguel Lorenzo e o número 1 pola provincia, Miguel Tellado. Pola súa parte. o PSOE estvo con el PSOE participaron Obdulia Taboadela, cabeza de lista al Congreso, o candidato ao Senado, Sindo Guinarte, acompañados de Inés Rey.

Polo BNG, participaron a coruñesa Mercedes Queixas e o vimiancés Alberto Lema, 3 e 5 da candidatura ao Congreso.

Por parte da Fronte Ampla, a candidatura, encabezada por Xosé Lois Piñeiro e con Trinidad Palacios como número dous, deu o pistoletazo de saída á campaña electoral no Campo da Leña.

E a familia de Podemos estivo representada por Isabel Farado.

Eleccións en 2023

Veremos que acontece este ano despois de que en 2023 gañase o PP con case o 40% (57.356 votos) na cidade heculina, polo 31% do PSOE, o 14% de Sumar e o 8,7% do BNG. Vox apenas chegou ao 4,7%.

Mapa: Resultados electorales en A Coruña · votomunicipal.es

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

0

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña para visibilizar a arte e o talento dos colectivos singulares da cidade,  encara unha nova fin de semana na súa décima edición, cunha ampla programación de teatro, música, cinema e actividades participativas que se estenderán por diferentes espazos da cidade, con propostas de acceso gratuíto.

Unha das principais citas será hoxe venres 13 de novembro, ás 20:30 horas, no Centro Ágora, coa representación de Soño dunha noite de verán, a cargo de Muxicas, o grupo de teatro da ONCE. A compañía levará ao escenario unha adaptación do clásico de Shakespeare que convida a descubrir a obra desde a diversidade e a escoita.

Tamén o venres, “K paparota Teatro” presentará Inverno na lavandaría no Fórum Metropolitano, cunha primeira función escolar e outra aberta ao público o sábado 14, ás 18:00 horas. Trátase dunha proposta poética e sensorial para crianzas a partir dos tres anos.
A programación familiar completarase con Artecendo comunidade en familia, un obradoiro artístico inclusivo da ONG ¿Por Qué No?, que terá lugar o venres, de 17:00 a 19:00 horas, no Fórum Metropolitano.

Da música á saúde: unha programación para todos os públicos

O sábado 14, de 12:00 a 18:00 horas, La Barra Bar acollerá unha mostra de DJ inclusivo, da man de Negus, que reunirá diferentes propostas musicais nun ambiente aberto á participación.

O cinema estará presente co ciclo Un plano diferente, que ofrecerá no Fórum Metropolitano varias proxeccións de 100 metros, de Marcel Barrena, o xoves 12 e venres 13 ás 20:00 horas, e o sábado 14 ás 17:30 e ás 20:00 horas.

A programación complétase coas VI Xornadas de Arte e Saúde, que se desenvolverán os días 12, 14 e 16 de novembro, con actividades no Museo de Belas Artes, no Hospital Marítimo de Oza e na Facultade de Ciencias da Saúde da UDC. Un encontro arredor do papel das artes na humanización sanitaria, a saúde comunitaria e a inclusión social.

FESTIGUAL continuará ata o 19 de novembro en diferentes espazos da Coruña. A programación completa, os horarios e as condicións de acceso están dispoñibles en www.festigual.gal

 

O Festigual inaugurou unha mostra que repasa os seus 10 anos e recolle 5 proxectos creativos de artistas e entidades

Uxía, Guadi Galego, A Banda da Loba, Corina Alfonso e Leti da Taberna abriron o telón do Festigual

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron esta mañá os tres grupos municipais no pleno de novembro do Concello da Coruña. Despois das cuesións presentadas polo goberno socialista, entre as que >se aprobaron varios modificativos de crédito, aproveitando para anunciar a conxelación de taxas e impostos municipais, o BNG presentaba unha moción relativa á situación de varias familias na cidade afectadas pola especulación dos fondos de investimento.

Un asunto que reflicte á perfección a situación da vivenda, e que demostra os porqués da saída da veciñanza á rúa co gallo da folga xeral deste 11N.

Falamos de 50 familias afectadas pola compra de 8 edificios por parte de diversos fondos de investimento nos barrios dos Mallos, Agra do Orza, Cidade Vella e Monte Alto. Unha realidade da que seguro que se van coñecendo máis casos, pero ante a que a veciñanza moitas veces se sinte demasiado orfa como para alzar a voz.

Falamos de familias que un bo día reciben un burofax conforme teñen que abandonar os seus pisos de alugueiro en apenas dous meses, lanzando ameazas que deberían ser ilegais, como describíu a voceira e candidata á alcaldía do BNG Avia Veira.
“Os fondos de investimento comezan a xogar coa Coruña ao monopoly, mercando e vendendo edificios como se a vivenda fose unha mercadoría e non un dereito fundamental das veciñas e veciños”, denunciou Veira, que pediu o apoio de catro puntos: O primeiro, mostrar o apoio da Corporación a esas 50 familias. O segundo, ofrecerlles asesoramento desde a Oficina de Vivenda de Emvsa, oficina creada a instancias do BNG. O terceiro, esixirlle á Xunta que faga cumprir a normativa da zona de mercado residencial tensionado. E a cuarta, instar o Goberno Local a exercer a vixilancia do deber de conservación do fondo propietario dos edificios para garantir a súa habitabilidade, ben como tamén sancionar no caso de non estar a cumprir con esa obriga.

A importancia da Zona Tensionada

Tomou a palabra a concelleira de Servizos Sociais, Nereida Canosa, que coñece a situación moi de preto por xente do seu arredor. “A Coruña foi a primeira cidade que conseguiu a declaración de Zona Tensionada”, e puxo en valor que gracias a esa nova normativa, os inquilinos de varios destes edificios, ao teren contratos asinados despois de 2023 poden pedir unha prórroga de ata 3 anos, cando de non estarmos en zona tensionada en dous meses poderían ser desafiuzados”.

”A Zona Tensionada ofrece tempo,e conta con 17 medidas, pero tamén necesitamos os 7M que o estado manda para as Zonas de Mercado Tensionado, cartos que seguen en San Caetano”, lembrou Canosa mandando unha mensaxe á Xunta.

Lembrou tamén que a cidade conta con “máis de 7.000 demandantes de vivenda que non poden agardar a que se levanten un novo edificio”.

Aparcadoiro da Intermodal

Tamén se falou do xa famoso Aparcadoiro da intermodal, trala alarma xerada na prensa ante a hipotética renuncia do goberno municipal a xestionar 70 prazas de aparcamento que se poderían conceder á veciñanza afectada polas obras. Foi o BNG o que lanzou a moción, aproveitando o PP para denunciar o que entende como “fracaso en materia de mobilidade”, por non ter rebatido ao goberno central polos retrasos da Intermodal e de Alfonso Molina.

Lage Tuñas asegurou que o Concello non renunciou á xestión desas 70 prazas, e que de feito “non están en discusión”. “Pero nós dixemos que recepcionaríamos o aparcamento se executou conforme ao proxecto”, sinalou asegurando que o asunto “leva meses paralizado por unha controversia entre a Xunta e o Goberno”. Aproveitou para deixar entrever que a Xunta non ten abonado medio millón de euros a empresas que traballaron na Intermodal, inaugurada o 3 de novembro, e instou ás dúas administracións a poñerse dacordo e ver se as obras se completaron conforme ao proxecto redactado para que o Concello acepte recepcionar o aparcamento.

Máis novas

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

 

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas