InicioMOV. SOCIAISA Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz...

A Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz pola rebaixa da aportación municipal

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Era o evento que puña a cidade da Coruña no centro das miradas da loita social en todo o estado. Un evento referente a nivel internacional, vinculado cunha Rede mundial que combate e conciencia pola defensa dos dereitos humanos. Pero non parece ser algo que interese de verdade.

Non axudou o necesario cambio de relevo na directiva acontecido en xaneiro despois de 9 anos de intenso traballo voluntario de xentes como Xosé Abad, nin a posterior dimisión da nova directiva en abril. Non axudan as obras dos Cantóns que terían que trasladar o evento lonxe dos Xardíns de Méndez Núñez.

Pero o factor deferminante para que este verán non vaia haber Encontro Internacional da Rede Acampa pola Paz é a rebaixa do 50% no orzamento que aportaba o Concello da Coruña, que aportaba á súa vez o 60% do orzamento total). Esta diminución da aportación municipai fal inviable sacar adiante un proxecto da envergadura destes Encontros, que teñen traído á cidade xentes como o xuíz Baltarsar Garzón; Esteban Beltrán (de Amnistia Internacional); a minista Sira Rego, a india Vandana Shiva; Raquel Martí (de UNRWA España); Vicente Raimundo (de Save The Children); o xornalista Nicolas Castellano; a lideresa indíxena brasileira Luana Kaingang; a congoleña Caddy Adzuba, Premio Principe da Concordia; a xornalista colombiana Jinet Bedoya; a keniata Asha Ismail, fundadora de Save a Girl Save a Generation; o fotoxornalista palestino Majdi Fathi ou o ex presidente de Uruguai Pepe Mujica.

Porque para realizar un evento desta envergadura fan falta un orzamento de 120.000€ (billetes de avión, exposicións de gran tamaño, dereitos das fotos, hoteis dos ponentes, carpa, montadores, profesionais, vixilantes…), polo que ao comprobar que o Concello (o financiador principal ademais de Emalcsa, a Deputación e o resto de aportacións de patrocinadores pequenos e soci@s) ía rebaixar a súa axuda de 70.000 a 40.000€, a xunta xestora da Rede Acampa tivo que decidir suspendelo.

A Rede, que formulou no seu momento retrasar o evento a finais de ano, aínda non descartan que o Concello recupere a súa vontade pola defensa dos Dereitos Humanos e que se impliquen cun investimento real no evento, para recuperalo ben no outono ou ben para o ano que vén. “Acampa, a intención tena toda, porque cancelar é morrer”, sinalan dende a xestora deixando a porta aberta a unha novena edición.

Máis novas

Os recoñecementos á Defensa dos DDHH da Rede Acampa pola Paz terán cores palestinas

Xosé Abad deixa a dirección da Rede Acampa pola Paz tras 9 anos de máxima dedicación

Encontro 2024

Os múltiples impactos do Encontro da Rede Acampa pola Paz

A Rede Acampa mergúllanos no campo de exterminio de Gaza

Encontro 2023

A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa

ÚLTIMAS

Cambian a arboreda de Ramón del Cueto

Arrincou hoxe o programa de substitución das árbores da rúa Ramón del Cueto, ao...

O eclipse a candidatura á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, as liñas turísticas que o Concello presenta en FITUR

O Concello da Coruña non faltou a FITUR. Sen a involucración do ano pasado,...

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

O CITIC da UDC será a sede para unha conferencia sobre o enfoque científico-práctico para “a IA verde”

O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CITIC) acollerá o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here