Inicio Blog Páxina 2

O Concello de Sada pecha o carreiro Costa Doce por risco de desprendementos de terra

0

O Concello de Sada (A Coruña) pechou o carreiro Costa Doce en Armenteiro, na parroquia de Carnoedo, por risco de desprendementos de terra, segundo informa. En concreto, indica que foi no cantil e imposibilita un paso seguro.

“Tras unha inspección realizada por técnicos, constatouse o risco de que o desprendemento continúe, polo que o Concello decidiu pechar preventivamente este tramo do carreiro e sinalizar a zona para impedir o paso”, remarca.

Esta situación atribúea ás intensas choivas dos últimos meses, “que provocaron unha inestabilidade progresiva do terreo, facilitando a infiltración da auga no cantil e reducindo a cohesión dos materiais”. “A isto súmase a acción continua do mar na base da costa, que erosiona a pendente”, engade.

“A combinación destes factores pode provocar deslizamientos de terra como o rexistrado nos últimos días, procesos naturais que co tempo causan o retroceso da liña costeira”, apostila para solicitar a máxima precaución e avanzar que solicitará a Demarcación de Costas que adopte as medidas necesarias para estabilizar o terreo.

As razóns da Plataforma polo Dereito á Vivenda para concentrarse na Agra do Orzán

Este sábado 14 de marzo, ás 12:00h nas Conchiñas, a Plataforma polo Dereito á Vivenda convoca unha concentración na praza das Conchiñas.

Un lugar escollido por varios motivos, tendo en conta que falamos dun dos barrrios máis densamente poboados da cidade, onde o problema da vivenda xa afecta mesmo ás persoas con traballo, e onde 30.000 habitantes compiten por menos de 20 pisos ofertados, todos por riba dos 650 €.

Así o explicaban esta mañá en rolda de prensa dous membros da entidade. “O que pasa na Agra do Orzán non é un caso illado, é un exemplo de todos os barrios da cidade”.

E puxeron datos: O aluguer subiu un 80% en 10 anos, de modo que un piso que hai 10 anos custaba 400€, hoxe custa 750, para un barrio o soldo medio rolda os 1200€”. Un barrio no que o metro cadrado supera os 2.400€ incluso en edificios con máis de 40 anos de antigüidade.

Tamén falaron da compra: “A situación tamén empeorou, o prezo subiu máis do 65% na última década”, provocando que “as familias teñan que marchar dos seus barrios”.

A Zona Tensionada non funciona

Sobre a declaración de Zona Tensionada, reflexionaron que “calquera medida pode estar ben, pero vemos que non funciona, os prezos non baixan. E non funciona porque non incide co principal problema que é acabar coa especulación, acabar con que a vivenda sexa un activo financieiro para caseiros rentistas multipropietarios ou fondos de investimento. É só un parche”.

E puxeron un dato claro: “A día de hoxe nas plataformas hai 1.372 Vivendas de Uso Turístico dispoñibles (a maioría non cumplen as normativas ademais); pero só hai 430 para aluguer “normal”, se ben algunhas son para estancias por temporada, e só un 8% están por debaixo dos 700€”.

Vivenda Pública

Parece que as administracións acordaron este ano de falar vivenda pública, despois de décadas nas que a promoción de vivende protexida foi esquecida. “España é un dos países con parque público de vivenda máis baixo de toda Europa mentres a SAREB segue a acumular vivendas”, reflexionaron.

Plataforma polo Dereito a Vivenda

Apoio da CGT

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) da Coruña fai un chamamento urxente á cidadanía para sumarse á concentración organizada pola Plataforma. “O sindicato apoia e participa nesta mobilización, que busca garantir unha vivenda digna e frear a presión especulativa que empobrece traballadoras, traballadores e pensionistas”.

Lembran que “a emerxencia habitacional afecta a moitas persoas que, a pesar de contar con ingresos mensuais, viven con medo de non poder pagar o alugueiro ou vense obrigadas a compartir vivenda pola falta de alternativas accesibles”.

O sindicato insiste: “o acceso a unha vivenda digna non pode seguir subordinado aos intereses dos especuladores nin a gobernos cómplices, como o da Xunta de Galicia e o do Estado español. Garantilo é unha cuestión de xustiza social e dignidade”.

Máis novas

A Plataforma polo Dereito á Vivenda comeza unha campaña no barrio con maior densidade de poboación de Galicia

Máis de 1000 nenos e nenas enchen esta noite o Coliseum no Festival Intercentros

0

Esta tarde de venres 13 de marzo, a partir das 17:00h, o Coliseum acolle a XXIV gala do Festival Intercentros, unha iniciativa solidaria organizada pola Asociación Cultural Festival Intercentros, co patrocinio do Concello da Coruña, que este ano ten como obxectivo a colaboración solidaria coas asociacións Dano Cerebral A Coruña, e BoaNoite, da parroquia de San Francisco de Asís, que serán as beneficiarias da recaudación deste ano.

A actividade trátase dun concerto no que participarán máis de 1000 escolares de diferentes centros educativos da cidade (máis de 30 en total) e que poderán demostrar o seu talento musical tanto no canto como no instrumental e o baile, ofrecendo un espectáculo cheo de ilusión e de esforzo que xa é unha institución na cidade pola súa longa traxectoria.

Os pequenos artistas ofrecerán actuacións englobadas en tres grandes categorías: directo, canción e coreografía.

Toda a recaudación pola venda de entradas —que teñen un prezo de 10 euros— será doado ás causas solidarias escollidas. Ademáis do prezo da entrada, os asistentes terán que entregar un kilo de alimentos, que recollerá o Banco de Alimentos Rías Altas, completando o carácter social do evento.

Poden mercar entrada en Ataquilla.

Festival Intercentros Coruna 2026

Dano Cerebral A Coruña e BoanoiTE, as entidades beneficiarias da nova edición do Festival Intercentros

O Tribunal Supremo confirmou que o Pazo de Meirás pertence ao Estado

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

 

Pontón tras a renuncia de Jorquera a repetir na Coruña: “O BNG ten un gran banco”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou este xoves que a formación conta “cun gran banco” de persoas preparadas para optar á Alcaldía da Coruña, tras anunciar o actual portavoz municipal nacionalista, Francisco Jorquera, que non se presentará como candidato nas próximas eleccións municipais.

Pontón realizou estas declaracións durante un acto na cidade herculina, onde quixo recoñecer publicamente a traxectoria política de Jorquera. “Unha cousa é que deixe o cargo público e outra que deixe a política”, subliñou a líder nacionalista, quen destacou que o BNG seguirá contando co seu papel dentro da organización. Pontón cualificou ademais a Jorquera como “unha das mellores cabezas políticas que ten o BNG”.

A MILITANCIA DECIDIRÁ A CANDIDATURA

A portavoz nacional insistiu en que a elección do futuro candidato ou candidata á Alcaldía da Coruña corresponderá á militancia do partido, e non a decisións tomadas pola dirección. “Non se vai elixir desde ningún despacho de Santiago”, afirmou, reivindicando que o BNG conta con persoas “moi preparadas e capacitadas” para asumir esa responsabilidade.

JORQUERA AGRADÉCELLE O APOIO

Pola súa banda, Francisco Jorquera agradeceu as palabras de Pontón, que cualificou de “tan cariñosas”, e reiterou a súa disposición a seguir colaborando co partido. “Póñome á disposición do BNG”, afirmou o portavoz municipal nacionalista.

U-lo Mundial? “Tranquilidade”

Moito se fala estes días na cidade do Mundial 2030. E máis que se vai falar, de seguro. A unha semana da visita da FIFA á Coruña (o día 18), estes días houbo varias declaracións importantes que o único que fan é poñer máis dúbidas sobre a participación de Riazor como unha das 10 sedes españolas da cita mundialista.

Polo de pronto, a Comisión Especial apenas se constituíu o pasado 30 de xaneiro, un ano despois das últimas palabras sobre o tema do goberno municipal, e máis dun ano e medio do rutilante anuncio. Pero nada ten avanzado, máis alá dunha reunión mantida entre o Concello e a directiva do RC Deportivo do que nada se conta: “Non comento reunións privadas”, respondía Inés Rey esta pasada tarde ante as preguntas dos periodistas.

Neste marco de incerteza, o presidente da Real Federación Española de Fútbol, o galego Rafael Louzán, dixo antonte no programa Larguero da Ser, que “A Coruña tiña deberes e non se fixeron. A situación non está fácil”, recoñecía.

Non desaproveitou a ocasión para poñer máis sombras sobre o asunto o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, que quixo lanzar un “mensaxe de tranquilidade”. Lonxe de tranquilizar deixou caer que “existen proxectos ademais do Mundial tamén poden ser importantes para a cidade”…

Arquivo - Plan de ampliación do Estadio Abanca-Riazor para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Arquivo – Plan de ampliación do Estadio Abanca-Riazor para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030. CONCELLO DA CORUÑA – Arquivo

A oposición

O PP reclama estar presente na visita de A FIFA ante a falta de transparencia

Se o propio Jorquera, no anuncio da súa predespedida, deixaba patentes as súas dúbidas sobre a xestión do goberno municipal para co Mundial, máis duro é o voceiro do PP. Miguel Lorenzo pide estar presenten na visita da FIFA do vindeiro 18 para poder “coñecer a situación real en que se atopa a sede coruñesa”. Lembra que “o goberno se comprometeu a enviar toda a documentación e a convocar a comisión especial en febreiro e non o fixeron”, como tampouco informaron das reunións mantidas en Madrid ou coa dirección do Depor.

Movemento Sumar Coruña criticou o silencio absoluto do goberno municipal

Tamén fai declaracións estes días o movemento Sumar, que lamenta que “a alcaldesa evita dar explicacións públicas sobre a situación real do proxecto, nun momento no que aumentan as dúbidas sobre o futuro de Riazor dentro da candidatura”.

A voceira de Movemento Sumar Coruña, Trinidad Palacios, manifestou que o cambio de discurso do goberno municipal resulta indefendible: “primeiro escoitamos á alcaldesa dicir que A Coruña ía ser sede do Mundial a toda portada e agora atopámonos cun silencio absoluto. A cidade merece explicacións e merece saber que está pasando.”
Palacios tamén criticou a falta de transparencia arredor da recente reunión coa propiedade do Deportivo: “tras a reunión con Escotet seguimos sen saber que se falou, para que foi nin
cal é a situación real da candidatura. Como pode ser que un asunto desta importancia se xestione con este nivel de opacidade?”

A formación lembra ademais que a transparencia foi unha das grandes promesas de Inés Rey ao chegar á alcaldía en 2019. “Inés Rey prometeu grandes proxectos para A Coruña durante este mandato. Pero a realidade é ben distinta: nin Mundial, nin solución para Nostián, nin avances en Alfonso Molina”.

Máis novas

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Poucas novidades na constitución da Comisión Especial do Mundial 2030

Inés Rey asegura que a cidade non periga “en absoluto” como sede do Mundial 2030

Avanzan as demolicións do antigo mercado de Santa Lucía

0

4 meses despois do comezo das esperadas obras, a renovación do mercado de Santa Lucía, que acollerá tamén o futuro centro de saúde da Falperra, segue avanzando. As obras de demolición entran na súa recta final, e o vindeiro luns, día 16, serán visibles novas actuacións no exterior do edificio, con traballos de demolición que se executarán desde a rúa Inés de Castro.

Neste sentido, as obras esixirán o corte parcial da rúa Inés de Castro o vindeiro luns 16 para facilitar as primeiras tarefas da retroexcavadora coa que traballará a empresa contratista. O corte será efectivo unicamente no treito entre Médico Durán e Doutor Fleming —vaos e garaxes seguirán tendo acceso— , xa que o sector entre Doutor Fleming e Pla y Cancela non sufrirá afectacións e estará aberto. A previsión é que o treito cortado reabra ao tráfico con total normalidade a partir do martes.

A rehabilitación de Santa Lucía, que conta cun investimento de case 8 millóns de euros, e as obras terán un prazo de execución de 15 meses.

Máis novas

Comezan, por fin, as obras de remodelación do mercado de Santa Lucía

As obras do Centro de Santa Lucía comezarán antes de que remate 2025

O parque da Agra é unha vergoña, non sei como se atreveron a abrilo así”

0

O portavoz do Grupo municipal Popular, Miguel Lorenzo, visitou este mércores o recén inaugurado parque da Agra. “É unha vergoña abrilo así, non sei como Inés Rey se atreveu a inauguralo sen poñerse colorada, é unha tomadura de pelo”.

Lorenzo asegura que xa recibiu comentarios o propio martes, pero recoñece que “onte fun velo tras recibir queixas dos veciños e o que me atopei era moito peor que o esperado: beirarrúas rotas, herba totalmente encharcada porque non filtra, muros desconchados, buratos mal tapados, bancos vandalizados etc” , sinala.

“Os veciños trasladáronme o seu malestar porque o que inaugurou non se parece en nada ao que prometeu. Non é o parque que merecen os veciños da Agra. A Alcaldesa dirá que está no ecuador, pero así non se pode inaugurar”, afirma.

Aproveitou Lorenzo para criticar tamén a apertura de diferentes zonas da reforma dos Cantóns.

Máis novas

Aberto á cidadanía o parque do Observatorio na Coruña, un “anaquiño” do necesario Parque da Agra

 

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

Está inmerso o PP e concretamente a súa Secretaria Xeral Paula Prado, nunha campaña de desacreditación das reividindicacións que levan feito as familias arredor do ensino público. Prado chegou a asegurar que a manifestación convocada pola Confederación de ANPAS Galegas do pasado 28 de febreiro reclamando o dereito ao unha educación digna e inclusiva para o alumnado galego, estaban “politizadas”, e que mesmo foron organizadas polo BNG.

Unhas declaracións que non pasaron desapercibidas para a ANPA do CEIP de Prácticas da Coruña, que leva meses denunciando a situación de abandono extremo que sofre o centro de Labañou, e que quere destacar o valor das máis de 5.000 persoas que se uniron para demandar aumento no profesorado e infraestruturas seguras para as nosas crianzas.

“Cando toda a cidadanía sae á rúa, ben sexa en Compostela ou na Coruña baixo unha mesma mensaxe, o seu é escoitala e non arremeter contra ela”, declaran dende a ANPA.

Trasladan ademais o seu apoio ás compañeiras de ANPAS Galegas e mandan unha mensaxe tanto á señora Prado coma ao Conselleiro de Educación: “isto soamente acaba de comezar, as familias non pararemos ata que se nos escoite e se respecte o dereito das crianzas a unha educación pública e de calidade tal e como se recolle na Convención dos dereitos do neno”

Máis novas

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

Así foi a manifestación da comunidade escolar do CEIP Prácticas “por unha escola segura e digna”

Jorquera anuncia que non será candidato do BNG nas Municipais de 2027

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que non vai ser o candidato nacionalista á Alcaldía nas eleccións municipais de maio de 2027. Jorquera porá fin ao seu traballo no Concello ao termo deste mandato.

“O obxecto desta comparecencia é comunicarvos que no día de onte lle trasladei ao Consello Local a miña decisión de non ser candidato á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais de 2027”, anunciou Jorquera. “É o momento de pechar un ciclo”, sinalou.

Estamos perante unha decisión “longamente meditada”. “Tomeina hai xa tempo, mais creo que este é o momento oportuna para a facer pública”, engadiu. Varias razóns explícana. “Inflúen razóns persoais. A miña vida non se esgota na política e hai aspectos da miña vida persoal e familiar aos que lle quero prestar máis tempo e dedicación”, dixo. Alén dixo, lembrou que en maio de 2027 “vou ter perto de 66 anos e non me vexo con suficientes forzas para estar na Corporación outros catro anos máis”.

“A miña vontade”, continuou, “é seguir exercendo como concelleiro até fin de mandato. Mais tamén vos traslado”, díxolles aos medios, “que poño a disposición o meu cargo de portavoz do grupo municipal, por se o grupo municipal e o Consello Local do BNG consideran que sería positivo que se producise o relevo antes das eleccións municipais”.