Inicio Blog Páxina 678

A Coruña, entre os 16 concellos ‘Cidade da Ciencia e a Innovación’

O Ministerio de Ciencia e Innovación publicou a resolución pola que se renova a distinción de ‘Cidade da Ciencia e a Innovación’ a 16 concellos de España que apostaron por políticas locais innovadoras nos seus territorios.

En concreto, concedeuse esta renovación a Almussafes (Valencia), Villamayor (Salamanca) e Salinas (Alacante), na categoría de cidades de menos de 20.000 habitantes; a Adeje (Tenerife), Alcalá de Guadaíra (Sevilla), L’Alfàs do Pi (Alacante), Aranda de Douro (Burgos), Camargo (Santander), Esplugues de Llobregat (Barcelona), Gandia (Valencia), Gavà (Barcelona), Segovia, Torrent (Valencia) e Villena (Alacante), na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes; e a Granada e A Coruña, na categoría de máis de 100.000 habitantes.

A ministra de Ciencia e Innovación, Diana Morant, destacou que estas cidades contan co recoñecemento do Goberno por impulsar iniciativas que parten da innovación para transformar os seus municipios e crear máis e mellores oportunidades de traballo para a súa xente, en especial para os mozos.

Morant tamén detallou que, en total, 90 cidades de todos os tamaños forman parte da ‘Rede de Cidades da Ciencia e a Innovación’ ou ‘Rede Innpulso’. “Estes municipios están no podio de cidades que lideran a innovación no noso país”, afirmou.

O Ministerio de Ciencia e Innovación está a destinar 10 millóns de euros para a incorporación de axentes locais de innovación nos concellos da ‘Rede Innpulso’. En 2021 concedéronse axudas para a incorporación de axentes locais a 54 cidades, e en 2022, a 62 cidades.

A Coruña, A Laracha, Arteixo, Carballo e Culleredo sentan arredor dunha Mesa Intermunicipal

0

Os Concellos da Coruña, A Laracha, Arteixo, Carballo e Culleredo veñen de establecer unha Mesa Intermunicipal que sirva de “instrumento adecuado para satisfacer as nosas necesidades, crear novas oportunidades e fortalecer o posicionamento común fronte a desafíos compartidos, garantindo o pleno respecto á autonomía municipal”.

Os 5 concellos recoñecen a “grande interdependencia” entre as súas poboacións, polo que veén de asinar unha declaración intermunicipal que pretende ser un acordo formal que permita comezar a elaborar proxectos conxuntos en temas relacionados coa mobilidade, a industria, o ámbito das persoas dependentes e o turismo.

Eses son os 4 eixes principais nos que poderían colaborar de xeito máis efectivo, segundo acordaron que os representantes municipais (alcaldes/as e técnic@s) tras varias reunións vinculadas coa Nova Gobernanza Territorial (multiactor e multinivel), e dacordo cos principios da Axenda Urbana Española e a Axenda 2030.

Así, crearánunha mesa técnica de traballo, con flexibilidade para permitir abordar cuestións transversais, para dar respostas comúns a problemas compartidos.

Os veciños de Culleredo piden máis zonas verdes e menos aparcamentos na rexeneración de Tierno Galván

0

A rexeneración da urbanización Tierno Galván, en Acea de Ama, cun importe de 1,2
millóns de euros, é un dos proxectos máis importantes do Concello de Culleredo. O proxecto xa pasou polas mans da Asociación Veciñal do Río Trabe, que trasladou as necesidades principais que asume o Concello no proxecto.

En concreto, a principal modificación reside no mantemento das zonas verdes fronte á
Avenida de Rutis, xunto aos bloques 6 e 8. Estes puntos foron utilizados principalmente para aparcadoiro e agora manteranse como punto de recreo.
Para estacionar, o Concello dirixirá os vehículos ás inmediacións da rúa, xa que consideran que hai prazas en rúas adxacentes. Os cartos que se aforrarán ao non crear estes aparcadoiros será destinado a reforzar a conservación dos xardíns en toda a urbanización.

As obras inclúen a renovación de todos os pavimentos, dando prioridade ao acceso peonil, permitindo unir as zonas da Universidade Laboral e o río, e incluíndo unha zona 30; realizaranse tamén a mellora de servizos nalgúns tramos e áreas concretas, como saneamento e pluviais. A rede de iluminación renovarase totalmente, tanto a conducións e pozos como cableado, coas luminarias de tecnoloxía LED.

Nunha segunda fase darase continuidade a estas obras, tamén remodelando o prazas adxacentes, para integralas nesta nova configuración.

Un xulgado denega a construción dun muro de contención nunha leira dun familiar do alcalde de Cambre

O xulgado do contencioso administrativo número 2 da Coruña deu a razón á Deputación da Coruña na demanda presentada por un particular, familiar do alcalde de Cambre, Óscar García Patiño; que pedía que o proxecto de remodelación dunha estrada no municipio coruñés mantivese a idea inicial de construír un muro de contención nun punto lindeiro a unha leira da súa propiedade.

A sentenza, emitida o pasado 21 de marzo e á que tivo acceso Europa Press este martes, desestima o recurso deste particular que pedía a anulación dun acordo plenario aprobado en decembro de 2020 pola institución provincial coruñesa que modificaba un proxecto incluído nun plan de 2018 para mellorar a seguridade viaria e construír estradas no lugar da Patiña, na estrada que une Cambre e Carral.

O proxecto inicial, dotado con 136.436 de orzamento e que contemplaba a construción do muro de contención, foi modificado despois da aprobación en pleno dunha moción de Alternativa dos Veciños que propuña cambiar a idea inicial para prescindir desa actuación e proceder á corrección do trazado a través da demolición dunha vivenda en ruínas.

Agora, nun fallo contra o que cabe recurso de apelación, a justica estima válido o acordo plenario da Deputación para cambiar o proxecto e impón o pago das costas ao demandante.

Nun comunicado, Alternativa dos Veciños lamentou que o Concello de Cambre “quixese investir no muro dun familiar do alcalde” case 43.000 euros, o que cualificou de “vergoña” que, din, “por desgraza sucede en Cambre e en moitos outros concellos”.

Multan con 750€ por non recoller os excrementos do seu can

0

Nova denuncia da Policía Local de Cambre a unha persoa que deixaba os excrementos do seu can sen recoller. Como acontecía a comezos do pasado mes, daquela gracias á colaboración veciñal, a Policía viu como dous mozos nque paseaban pola ría Pumar Méndez, non recollían as deposicións do seu pastor alemán.

Ao ver aos axentes, un dos mozos fixo amago de recollelo pero cando o Policía deu a volta comprobou que non as recollera e que os rapaces continuaban o seu camiño cara A Patiña. O axente foi tras del para identificalo e trasladarlle que será denunciado por unha infracción na normativa municipal, da ordenanza reguladora de limpieza viaria e que q multa podería chegar aos 750 euros.

O mozo non puido presentar a documentación do can, sinalando que era dun familiar, polo que lle concederon 7 días para resentar a cartilla sanitaria e microchip.

 

A Deputación da Coruña destina 275.000 euros a investimentos relacionados coa conservación do medioambiente

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras para os programas de axudas a entidades sen fins de lucro co obxectivo de financiar proxectos de investimentos e actividades no ámbito do medioambiente.

Así, o ente provincial pretende promover a conservación, a promoción e a defensa dos recursos naturais e do medioambiente na provincia da Coruña co investimento de 275.000 euros.

No caso dos proxectos de investimentos, a partida orzamentaria é de 100.000 euros, con importes de subvencións que poden ir desde os 5.000 euros ata os 25.000 euros e que cubrirán entre o 20% e o 80% do orzamento de gastos subvencionables.

No caso dos proxectos de actividades, a partida ascende aos 175.000 euros, con importes subvencionables que van desde 5.000 a 20.000 euros, cos mesmos porcentaxes.

Pull&Bear renova a súa tenda de Marineda City con 900 metros destinados a dar a máxima relevancia ás últimas tendencias

A marca Pull&Bear, do grupo Inditex, renovou o seu concepto de tenda no centro comercial Marineda City da Coruña coa súa nova imaxe da marca, onde a luminosidade e a tecnoloxía gañan protagonismo.

O establecemento, que supera os 900 metros cadrados, está deseñado para dar a máxima relevancia ás últimas tendencias en moda que propón a firma. A tenda, situada na planta 1 do centro comercial propiedade de Merlin Properties, conta agora con maior amplitude e luminosidade e dispón dun espazo que combina pantallas, estruturas metálicas e elementos naturais e que lle outorga especial protagonismo ao produto.

O novo establecemento, aberto o pasado venres, dispón de zonas diferenciadas de accesorios, footwerar, swimwear e moda denim. Ademais, conta cun maior número de caixas de autopago e un apartado para dar unha segunda vida á roupa en colaboración con Cáritas.

Os responsables do centro comercial lembraron nun comunicado que esta renovación se une a outras que o grupo Inditex levou a cabo. Zara, Oysho, Lefties, Stradivarius, Bershka, Massimo Dutti e Zara Home tamén están presentes no Marineda City.

O festival Istmo para colocar A Coruña no panorama da arte urbana

0

Xa temos datas para o festival Istmo, un evento de arte urbana que pretende servir como “motor rehabilitador, cultural, social e económico para a cidade, mediante a rexeneración urbana”.

Seis prestixiosos muralistas chegados de diferentes lugares do mundo acodirán á chamada municipal para a primeira edición deste proxecto que pon o graffiti como protagonista e o marida cunha festa musiqueira.

Estas distintas accións levaranse a cabo do 13 ao 23 de abril, por unha selección de artistas do máis destacado do panorama internacional, nacional e galego. A dita selección está formada por: Miguel Peralta (Andalucía), Sekone (Galicia), Peeta (Italia), Alba Fabre
(Cataluña), Mr. Sortwo (Euskadi) e Iria Fafián (Galicia). Os espazos escollidos para a creación dos diferentes murais serán: a praza das Conchiñas, CEIP María Barbeito, CEIP Alborada, Escola Municipal de Música, Piscina Municipal de Riazor e CEIP Rosalía de Castro.

O evento complétase cunha xornada musical no parque de Santa Margarida, unha xornada gratuíta na que se reúne unha mostra da música urbana máis actual coa fusión tradicional e electrónica de Fillas de Cassandra, o trap sen complexos de Boyanka Kostova ou un dos máis destacados artistas do hip hop nacional como é Bejo.
Todo isto acompañado dunha exhibición de pintura ao vivo de dous artistas destacados do panorama galego como son Nove Noel ou Yoe33.

Vento e ondas pon hoxe en risco A Coruña

0

O risco por fenómenos costeiros ou por vento afectará este martes á provincia da Coruña, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) que espera unha xornada con tempo estable xeneralizado e temperaturas frías de noite pero con valores tépedos, que roldarán os 20 a 27 graos centígrados nas horas centrais do día.

En concreto, o risco (aviso amarelo) afectará este martes á costa da Coruña, sobre todo entre Ortegal e Fisterra, sobre todo mar dentro, onde soprará vento do nordeste de 51 1 62 quilómetros por hora (forza 7).

Nicky Jam, Jason Derulo, Two Door Cinema Club e Rels B actuarán no ‘Morriña Fest’, na Coruña

O  ‘Morriña Fest‘ celebrarase os días 28 e 29 de xullo no porto da Coruña e contará coa actuación de Nicky Jam, Jason Derulo, Rels B e Two Door Cinema Club, entre outros artistas. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns este evento musical acompañada polo delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor; o codirector da ‘Morriña Fest’, Álvaro Yáñez; e o responsable de patrocinios musicais de Hijos de Rivera, Juan Martínez.

A lista de actuacións complétana Iván Ferreiro, Sidecars, Danny Ocean, Emilia Mernes, Shinova E, Lali, Vilán Antillano, Aleesha, Lles Castizos, Samuraï e Berto. “O cartel irase ampliando nos próximos días“, anunciou a rexedora. Rey sinalou que esta cita conta con “unha ampla variedade de artistas de todos os xéneros nacionais e internacionais” e converterase nun “referente” nos festivais musicais de verán “de toda España”.

“SERÁ UN CONTINUO MUSICAL”

Yáñez, pola súa banda, destacou que nesta edición, a terceira, o evento terá un formato diferente. “Será un continuo musical cento por cento festival”, insistiu, con dous escenarios e “aberto á cidade e para todos os gustos”.

As entradas, segundo anunciou, poranse á venda o xoves día 13. Cuestionado sobre o prezo das mesmas e o número de persoas que poderá asistir ao evento, o codirector informou de que será “máis ou menos como o ano pasado”. En 2022, a ‘Morriña Fest’ congregou a un total de 50.000 espectadores e os abonos tiveron un custo de 49 euros, máis gastos.