InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta insta á alcaldesa da Coruña a non dar "escusas" sobre...

A Xunta insta á alcaldesa da Coruña a non dar “escusas” sobre a demanda para recuperar a Casa Cornide

Publicada o

Por europapress

A Consellería de Cultura instou á alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a non dar “escusas” sobre a demanda anunciada polo goberno local para recuperar a Casa Cornide, na actualidade propiedade do Franco.  Segundo precisaron a Europa Pres desde o departamento autonómico, a Casa Cornide “goza da máxima protección patrimonial desde 2021 despois de que a Xunta iniciase o expediente de Ben de Interese Cultural (BIC) o 24 de maio dese ano”.

“A normativa establece que os técnicos teñen 24 meses para completar este proceso polo que están en prazo”. “Pero a protección é completa desde entón”, recalcan. Ademais, e despois de que a rexedora instase a axilizar a declaración BIC, remarcan que o feito de que un ben sexa considerado así “non impide que poida venderse”. “Se ten un comprador, o propietario debe comunicalo previamente á Xunta, pero non pode impedirse a venda”.

“O único que impide a venda é unha decisión xudicial e, para iso, o Concello da Coruña pode iniciar unha demanda cando queira”. “Por tanto, a alcaldesa non debe dar escusas, non necesita esperar a que o expediente BIC termine para emprender unha reclamación xudicial”. “Se non o fixo xa é porque non quixo”, apostilan.

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...