InicioA CORUÑAAs Noites do Porto devolven a cultura ao peirao de Batería

As Noites do Porto devolven a cultura ao peirao de Batería

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A apertura do peirao coruñés á veciñanza vai dando pasiños. E nesa liña se enmarcao ciclo de concertos as Noites do Porto, a iniciativa musical impulsada pola promotora local MASGALICIA, coa colaboración o  Concello dA Coruña, Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22 e Estrela Galicia.

O peirao de Batería acollerá os directos exclusivos en Galicia de Jorge Drexler, James Rhodes, Morgan, FernandoCosta, Tiago Iorc e Gloosito entre o xoves 20 e o domingo 23, nunhas noites máxicas que nos brindará o corazón salgado da cidade.

Xa podes adquirir as entradas a través de www.noitesdoporto.com e www.ataquilla.com.

Programación

Morgan

A banda madrileña Morgan será a responsable de inaugurar os directos do porto o xoves 20. A apertura de portas será ás 20.30 horas e o seu show comezará ás 21.15 horas.
Ao día seguinte, na noite dedicada ao rap e aos ritmos urbanos con FernandoCosta e Gloosito -coas últimas localidades á venda-, o peirao de Batería comezará a recibir aos asistentes a partir das 20.00 horas e o primeiro directo terá lugar a partir das 20.30 horas.

Nas tardes do sábado 22 e domingo 23, a apertura de portas adiantarase ás 19.30 horas. A noite de música en directo co brasileiro Tiago Iorc e o uruguaio Jorge Drexler -cuias entradas están agotadas- comezará o sábado ás 20.30 horas, horario que tamén compartirá o pianista James Rhodes e no que ofrecerá un completo repertorio de Chopin. Finalmente, no caso da Noite de Inauguración (mércores 19, con directo de The Gulps e dj set de Alan McGee) e Noite de Clausura (mércores 26, con M. Ward), as portas da Sala Garufa abriranse a partir das 20.00 horas.


Horarios Noites do Porto 2022

Mércores 19, Sala Garufa |  Noite de Inauguración: The Gulps e Alan McGee
Apertura de portas: 20.00 horas

Xoves 20, peirao de Batería | Morgan
Apertura de portas: 20.00 horas
Inicio del concerto: 21.15 horas

Venres 21, peirao de Batería | Gloosito e FERNANDOCOSTA
Apertura de portas: 20.00 horas
Inicio del concerto: 20.30 horas

Sábado 22, peirao de Batería | Tiago Iorc e Jorge Drexler
Apertura de portas: 19.30 horas
Inicio del concerto: 20.30 horas

Domingo 23, peirao de Batería | James Rhodes
Apertura de portas: 19.30 horas
Inicio del concerto: 20.30 horas

Mércores 26, Sala Garufa |  Noche de Clausura: M. Ward
Apertura de portas: 20.00 horas

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...