InicioSOCIEDADETres xuízos por abuso sexual a menores nunha semana

Tres xuízos por abuso sexual a menores nunha semana

Publicada o

Por europapress

Audiencia Provincial da Coruña celebrará a próxma semana tres xuízos por abuso sexual a menores. No caso da sección segunda, celebrará dous: uno o día 29 e outro o día 30, que será a continuación da vista, mentres que na sección primeira haberá un o día 30.

No do día 29, segundo informa Fiscalía, o acusado enfróntase a sete anos e seis meses de prisión por un delito continuado de abusos sexuais sobre menor de idade, coa que convivía de forma frecuente, por razón de parentesco, no seu domicilio. A nai foi quen denunciou os feitos tras contarllo a vítima.

Xa para o día 30 están fixados dous xuízos, dos que un deles celebrarase a porta pechada. Neste caso, o procesado enfróntase a 12 anos de cárcere por abusar sexualmente dunha menor coa que ten unha relación de parentesco.

O Ministerio Fiscal pide tamén a perda da patria potestade respecto da filla en común que ten coa súa exparella durante un tempo de catro anos. Actualmente o acusado mantén un réxime de visitas con esta, existindo, segundo Fiscalía, unha situación de risco derivada da conduta do acusado.

No outro xuízo fixado para ese día, o procesado, segundo o Ministerio Público, “actuando cun evidente ánimo libidinoso e de satisfacción persoal, foi sorprendido cando saía do dormitorio da súa fillastra”, cunha minusvalía do 43 %, “tras levar a cabo algún acto de natureza sexual cuxo alcance non puido ser determinado” ao estar ela durmida.

Ademais, engade que “nun período de tempo non concretado, pero en todo caso e de forma habitual dende que cumpriu os 10 anos, o acusado veu cometendo actos de similar natureza ao descrito anteriormente”, que sitúa en 2020. Por un delito continuado de abuso sexual, pide unha pena de dez anos de cárcere.

ÚLTIMAS

O CHUAC convértese en epicentro internacional da doazón de órganos en asistolia

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) acolle desde este mércores a novena edición...

“O Mundial era o proxecto estrela de Inés Rey e o que hai é un proxecto estrelado”

Pouco eco un día despois da renuncia do Concello da Coruña ao Mundial 2030....

A CUAC FM soplará ás velas do seu 30 aniversario este sábado 21 de marzo ás 13:04 en María Pita

Inmerso en pleno aniversario, a familia da CUAC FM debullou esta fin de semana...

Os médicos volverán concentrarse este mércores ás portas do CHUAC

Este mércores 18 de marzo, ás 11:00h, hai convocada unha nova concentración de médicos...