InicioSOCIEDADESabes cantos coruñeses naceron na maternidade HM Belén desde a súa apertura?

Sabes cantos coruñeses naceron na maternidade HM Belén desde a súa apertura?

Publicada o

Por patriciaotero

A Maternidade HM Belén acaba de cumprir este de mes de decembro 55 anos de existencia como centro hospitalario especializado de referencia en toda Galicia, segundo informa o grupo HM Hospitais.

Aínda que non se conservan os datos históricos, explica que, a pesar do notable descenso da natalidade nos últimos anos, desde a integración da Maternidade HM Belén no Grupo HM Hospitais, a media anual supera o milleiro de partos desde 2014.

“O que nos permite facer unha estimación moi prudente e polo baixo, de polo menos 36.000 nacementos desde a súa posta en marcha no ano 1967, tendo en conta factores como a súa integración no Grupo Modelo no ano 2005 ou o baby boom dos anos 70″, sinala a doutora Sonia Pedredo, directora médica de HM Hospitais na Coruña.

Actualmente, a Maternidade HM Belén conta cunha rede de 21 xinecólogos e unhas instalacións recentemente renovadas, despois dos investimentos realizados por HM Hospitais hai uns meses.

ÚLTIMAS

O cupón da ONCE deixa 105.000 euros na Coruña

O Cupón Diario do ONCE repartiu 105.000 euros con tres cupóns premiados con 35.000...

O Concello adxudica a xestión da rede de escolas infantís municipais

O Concello da Coruña adxudicou, a distintas empresas, o servizo de xestión do oito...

A Deputación financiará a entidades para impulsar o emprendemento

A Deputación da Coruña publica este martes no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a...

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o...