InicioSOCIEDADEUn mapa interactivo permite ao mundo coñecer as capacidades da nosa cidade

Un mapa interactivo permite ao mundo coñecer as capacidades da nosa cidade

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña estrea o Mapa da Coruña Cidade Global no século XXI, unha ferramenta interactiva “pioneira” para mostrar o seu “mellor perfil internacional”. Trátase dun documento en varios idiomas que “se irá actualizando aos poucos, recollendo novos espazos e novos usos”, froito do convenio de colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).

O obxectivo deste proxecto é mostrar “ao mundo” as capacidades da cidade herculina en materia empresarial, ciencia, cultura e infraestruturas. Así o explicaron na súa presentación o concelleiro de Economía e portavoz do Goberno municipal, José Manuel Lage, e o director do centro, Daniel González Palau.

Lage destacou que é unha iniciativa “práctica, operativa e moi potente”. “É unha ferramenta para entender o noso presente desde o noso pasado e que permitirá coñecer máis a fondo a historia da nosa cidade, dos seus monumentos e dos principais equipamentos e infraestruturas así como os fitos históricos máis relevantes“, recalcou.

O portavoz anunciou ademais a intención do goberno municipal de renovar o convenio de colaboración existente co Igadi.

González, pola súa banda, resaltou que se trata dun material “pioneiro” que está “vivo” e que vai dar “a volta ao mundo” a través da rede de investigadores asociados ao Igadi “que están a estudar os fenómenos das cidades globais”.

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...