InicioMOV. SOCIAISOs procesados polo desaloxo da Insumisa non ingresarán en prisión

Os procesados polo desaloxo da Insumisa non ingresarán en prisión

Publicada o

Por europapress

Momento convulso o daquel maio de 2018, cando a Policía Nacional desaloxaba, ás ordes do goberno da Marea Atlántica, o Centro Social Okupado A Insumisa, afincado dende había tempo no antigo edificio da Comandancia de Obras da Coruña, sito na avenida Metrosidero e de titularidade municipal.

O dispositivo conseguiu recuperar as instalacións de forma pacífica posto que nese momento, á primeira hora da mañá, non se achaba ninguén no interior. Con todo, sobre as 12,30 horas, produciuse unha concentración de persoas ante as portas do recinto, convocadas por redes sociais, reclamando a recuperación da instalación como centro social.

Durante o Xuizo, se ben Fiscalía solicitaba inicialmente penas de prisión de entre dúas e 10 anos, 5 dos 7 acusados veñen de chegar a un acordo polo que aceptan penas de entre 18 meses e dous anos de prisión. Os outros dous acusados foron absoltos da pena de cárcere.

Os procesados recoñeceron ser autores de delitos de atentado, desordes públicas, lesións e danos agravados. Con todo, os letrados pediron a suspensión das penas de prisión impostas e o fiscal aceptou a petición. A xuíza acordou a suspensión firme das condenas coa condición de pagar as indemnizacións pactadas e non cometer delitos nun prazo de tres anos.

 

 

 

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...

O Grao en Cinematografía e o máster en Atención Temperá, oferta da UDC para o curso 2028 e 2029

O Consello de Goberno extraordinario da Universidade da Coruña (UDC) aprobou as declaracións de...