InicioDEPORTESUn día máis en Riazor

Un día máis en Riazor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo

Empéñase o Depor en xogar cos nervios dos afeccionados branquiazuis unha semana si e outra, tamén. Pero, mentres vaias gañando os nervios sempre se esquecen. O partido contra o Mérida ten fácil resumen e difícil explicación. O resumen é que o Depor fixo o de sempre na casa, máis tivo que agardar ata un escintileo do mellor produto de Abegondo para pechar o partido. A difícil explicación é, ¿porqué un partido dominado, sen xogar especialmente ben, non se remata antes, máis aínda xogando na casa?

Parémonos un pouco con Yeremay. Din os que coñecen Abegondo que é a maior esperanza na canteira e que teñen que pulilo coma o bo diamante que é. Polo de pronto é da escola canaria, ben máis que valorado na Coruña polo bo resultado dos seus compatriotas no pasado. Polas súas características pódese dicir aquelo de que é un xogador dos que xa non quedan. Menudo, habilidoso, rápido, descarado, forte no choque, sen medo a arriscar, indo sempre cara o área, pedindo á pelota e deixando detalles de bo pelotero. Seus compañeiros confían nel e búscano cando máis axustado está o marcador. Cousa rara esta, se non fora pola facilidade que amosa o rapaz para resolver as situacións.

Gaña o Depor en posibilidades e recambios tralo mercado de inverno. Trouxéronse titulares e mellórase a competitividade, polo que mellorarán os rendementos. Hai dúas semanas falabamos da necesidade de acadar seis ou sete vitorias seguidas para chegar ó liderato. Esas vitorias que non só traen puntos, traen confianza, traen madurez e permiten pensar que o obxectivo é posible. Da a sensación de que pódese seguir gañando.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

Máis crónicas do Dépor

ÚLTIMAS

O vindeiro sábado 4 de maio, día de portas abertas nos Museos

Coincidindo co Día da Ciencia a Rúa en santa Margarida, poderemos dusfrutar da Xornada...

A Coruña acolle as mobilizacións centrais polo 1 de maio co foco na demanda de mellores salarios

A Coruña acolle os actos centrais dos sindicatos este 1 de maio, Día Internacional...

Detida unha persoa polo incendio nun edificio na Coruña no que foi rescatada unha menor

A Policía Nacional detivo a unha persoa por mor dun incendio nun edificio do...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here