InicioBARRIOSPiden ante a urbanización de San Amaro, que coiden o patrimonio inmaterial...

Piden ante a urbanización de San Amaro, que coiden o patrimonio inmaterial milenario da zona

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este sábado 11, a Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto-A Torre convoca ás 12:00h na Rúa Fonte de Santo Amaro, un acto reivindicativo de denuncia contra a “avaricia construtiva”. A causa é a próxima construción dunha urbanización 260 vivendas (29 torres de 6 andares, algunha de 9) enriba da praia de San Amaro, nun terreo que “sempre foi sagrado para veciñas e veciños”.

Se ben o proxecto que máis rexeitamento social tivo ata o de agora é que pretende urbanizar a coñecida como “Agra de San Amaro” (a zona verde que hai á esquerda da baixada cara Adormideras), a veciñanza comeza a amosar a súa preocupación por outro. Falamos do proxecto de urbanización API Q16.2 “San Amaro – Orillamar” (Polígono Pol-H301) que pretende edificar case 4.500 metros cadrados dos 15.708 que ten a completa parcela, que vai da residencia de maiores Torrente Ballester ata o cemiterio de San Amaro, xusto diante do paseo marítimo que pasa por riba do Club do Mar e do areal.

Unha das promocións herdadas do “vazquismo”, que leva durante anos en conflitos, pero que parece, segundo os informes da Xunta, vai saír adiante. Certo é que o proxecto permitirá urbanizar un espazo de comunicación conflitiva, con varias rúas cegas, zonas descoidadas, conectar a zona correctamente co paseo marítimo… xa que a un sistema viario coa prolongación das súas existentes, San Amaro, San Pedro e Donte San Amaro, así como a nova circunvalación que as conecta e lles da saída cara a avenida de Navarra e a Rúa Orillamar.

Pero dende a veciñanza propoñen coidar o patrimonio existente.

Mapa da urbanizacion de San Amaro

Patrimonio milenario

”Convocamos unha actividade o día 11 pola cativa resposta da Xunta a unha petición de facer un estudio de impacto ao patrimonio inmaterial”, explica Romero. “Porque ese espazo ten unha historia vinculada a cultos paganos, posteriormente cristianizados, é dicir, falamos dun lugar milenario, con enterramentos, correntes de augas subterráneas sanadoras, con comunidades bentónicas, como sinala o Informe de Impacto Ambiental, que recoñece que existen comunidades de bechos alimentados a base auga salgada”…

Apuntan a necesidade de catalogar e respectar as ruínas, agora invisibles, da antiga capela, e da coñecida como Fonte do Picho, ou a Fonte do Burro, como recolle o propio Informe de Impacto Cultural. .

Foto antiga das ruínas da capela Santo Amaro
Foto antiga das ruínas da capela Santo Amaro

A realidade é que o Informe de Impacto Ambiental (de apenas 13 folios) aprobado pola Xunta o pasado mes de decembro de 2022, considera que “non hai impacto visual” e que “non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria”.
Un informe sobre o que non se pronunciaron a Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural ou mesmo a Dirección Xeral de Patrimonio.

O Concello vén de aprobar hai pouco a iniciativa de obras, pero dende a Asociación piden que, ante tal movemento de terras, e o cambio radical da fisionomía da zona, teñan en consideración ese patrimonio. “Pedimos aos responsábels do Concello amañen a forma de facer un estudo arqueolóxico do lugar da Fonte de San Amaro que está en estado calamitoso”, relata a entidade nun escrito presentado ao Concello.

 

Críticas de Defensa do Común

O primeiro grupo en manifestarse é Defensa do Común, que considera o proxecto “un atentado ás sinais de identidade de Monte Alto”. Ricardo Vales considera que “a hipotética materialización das construccións previstas no proxecto, a escasos metros do mesmo corazón da Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade, representa o exemplo máis significativo da voracidade especulativa que leva mesmo a readaptar espazos históricos do barrio que albergaron a capela de Santo Amaro, a Fonte do Picho ou o campo de Santo Amaro onde familias enteiras celebraban as clásicas merendiñas nun ambente de convivencia e amizade”, sinalan asegurando que acompañarán no acto.

Historia

Lembra Xosé V. Romero que a historia vén de lonxe, e que a aprobación do proxecto “funcionou cunha especie de mafia. Como é posible que expropiaran ao resto da zona polo Plan de Protección Especial da Torre de Hércules e a eles non?”, pregúntase. Detrás estivera a finada FADESA e Romero acusa de beneficiarse á familia de González Garcés, concelleiro socialista na época de Paco Vázquez, e directamente beneficiado da venda dos terreos, como recoñece a hemeroteca de El País, cobrando máis de 1 millón de euros gracias á recalificación aprobada nun pleno no que el se abstivo pero que os seus compañeiros de partido se ocuparon de aprobar.

ÚLTIMAS

A rede gastronómica provincial da Deputación

Rematou o Congreso Gastronómico A Provincia que sabe @degustacoruna. 3 días de charlas, degustacións...

Sinalizada, sobre adoquín, a primeira fase do carril bici que une o Paseo cos Cantóns

Anunciaba o Concello a comezos de setembro a acometida da máis que necesaria unión...

A Xunta propón sancionar con 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

A Xunta propuxo unha sanción de 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público...

Unha exposición renderá homenaxe na Coruña ao mestre e humorista Miguel López, o ‘Hematocrítico’

Unha exposición promovida polo Concello da Coruña renderá homenaxe ao autor, mestre e humorista...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here