InicioPOLÍTICASande presentou o proxecto de EU-Podemos nos encontros de ASCEGA

Sande presentou o proxecto de EU-Podemos nos encontros de ASCEGA

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Presentaba José Manuel Sande esta mañá de xoves nos eventos da Asociación de Empresarios de Galicia Ascega o seu proxecto como cabeza da lista de Esquerda Unida – Podemos de cara ás vindeiras eleccións do 28 de maio. Como aseguraba na entrevista para o Ascegahoy, “a miña candidatura é un revulsivo de feito ante a mediocridade e o enquistamento desta etapa política na cidade”.

O programador cultural e escritor cinematográfico falou de vivenda, o que foi concelleiro de Cultura e Deporte durante goberno de Xulio Ferreiro, falou de revitalización do comercio local e a importancia dos barrios como eixe vertebrador da Coruña.

Pero sobre todo puxo sobre a mesa a necesidade de afrontar unha real “revitalización da cultura e o deporte, tamén como motores de dinamización económica da cidade”. E nesa liña anunciou unha proposta de convenio de colaboración entre Concello e Autoridade Portuaria para a execución dunha programación cultural e deportiva estable”, “e pública”, nos peiraos interiores liberados dos usos portuarios. A idea é que o Concello sexa promotor de eventos e a Autoridade cedería o uso para eses fins.

Fusión da esquerda?

Se do goberno asegura que foi “moi feble e de paso”, Sande considera que “a oposición da Marea tampouco conseguiu impoñer unha liña de sensatez política”. Pechou esperanzas así a unha posible, e esperada, coalición da esquerda, debullando que dende o seu grupo ofreceron diálogo tanto en setembro de 2022 como este comezo de 2023 cando un manifesto cidadán invitaba a participar a todo o espectro progresista, ante o que, segundo asegurou, o grupo da Marea pechouse e nin sequera respondeu aos ofrecimentos.

Artigos de José Manuel Sande no XdC

ÚLTIMAS

11 Encontros de Barrio para analizar coa veciñanza as necesidades do transporte urbano

Semella que abre as portas do Pazo de María Pita o Concello da Coruña...

O Ágora acolle unha xornada con 14 obradoiros abertos de artesanía galega

O sábado 6 de abril o Centro Sociocultural Ágora acollerá unha xornada moi especial...

Tres centros coruñeses, entre as 25 “catedrais educativas” de Galicia

O IES Eusebio da Garda, o IES Salvador de Madariaga e o CIFP Universidade...

Os dereitos das persoas migrantes en Galicia de novo a debate con CEFILVEGA

Falouse a semana pasada no Circo de Artesáns dos dereitos das mulleres migrantes (ou...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here