InicioPOLÍTICAO PPdeG lánzase á conquista da Deputación da Coruña

O PPdeG lánzase á conquista da Deputación da Coruña

Publicada o

Por editor

O PPdeG comezou este 2023 coa firme intención de recuperar poder municipal e provincial. Os populares son o único partido galego que teñen xa presentado públicamente os candidatos aos 313 concellos e este domingo escenificaba xa o comenzo desta longa campaña electoral que durará case todo o ano, primeiro coas municipais en maio e probablemente en outubro ou novembro as xerais ao Estado. Un acto ao que acudía o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo.

E é que tanto o actual presidente galego como o anterior xóganse moito nestes comicios locais. O primeiro, para tentar superar as cifras de hai catro anos e gañar deputacións e grandes concellos co obxectivo posto nas autonómicas e o segundo porque quere vender en Madrid o éxito da súa xestión nestes últimos anos de cara a cita electoral de final de ano.

E cal é o gran obxectivo do PPdeG para os comicios locais?. Todas as fontes consultadas por Galicia Confidencial coinciden no mesmo: gañar dúas novas deputacións para poder gobernar en tres das catro e acadar as alcaldías de Lugo, Ferrol e Ourense, ademais de aumentar o número de concellos nos que gobernan actualmente.

ESTRATEXIA DE CATRO NIVEIS

Un documento ao que tivo acceso Galicia Confidencial destaca que os populares centrarán os seus esforzos electorais en prazas significativas hoxe en mas principalmente do PSOE. Os populares teñen deseñado unha estratexia en catro niveis. Os dous niveis máis importantes teñen que ver cos concellos nos que  que están a un escano da maioría absoluta e os municipios nos que non gobernan pero son “prioritarios” para acadar alcaldías e deputacións. Os outros dous niveis teñen que ver cos conocellos nos que o PP goberna en minoría e aqueles onde a maioría absoluta do PPdeG é “axustada” e está a un concelleiro ou concelleira de perdela.
Os municipios nos que o PP cre que pode volver gobernar son 14 e poderían cambiar tamén o equilibrio de forzas nas deputacións. Na provincia da Coruña, os de Rueda centraranse en Fisterra, Melide e Ferrol, estas dúas prazas son importantes para a consecución de deputados provinciais.  Por outra banda, os populares tamén centrarán a súa estratexia electoral en concellos que poden mudar os gobernos das actuais deputacións.  Así, na Coruña os esforzos céntranse na Coruña e Oleiros, Santiago, Ames e Teo e na área de Ferrolterra, principalmente, en Narón, Fene, As Pontes, Valdoviño ou Cedeira. Tamén son importantes os municipios da Pobra do Caramiñal, Ortigueira e Boiro.
OS CONCELLOS QUE O PP NON PODE PERDER
O documento sobre “as actuacións preferentes nas municipais” do PPdeG ao que tivo acceso GC tamén recolle niveis menos importantes nos que actuar. Entre eles, están o de incidir nos concellos nos que o PP goberna en minoría e nos que ten unha mairía absoluta “axustada”. Entre os primeiros están na Coruña os de Coristanco, Malpica, Muros, Noia, Ribeira, Trazo, Val do Dubra, Mugardos, Santa Comba e A Baña.

E xa os concellos con “maioría absoluta axustada” son na Coruña, e con importancia para ser a forza máis votada nos partidos xudiciais, os concellos de Boimorto, Ordes, padrón e Touro. Menos importantes, Aranga e Laxe. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

“O fallo sobre o Cárcere Vello esixe o compromiso para a devolución gratuita”

É lamentable que dúas administracións entren en leas xudiciais provocando o abandono dun espazo...

Razón e coñecemento sobre a emoción e a opinión

De onde nace a opinión de cada un? A opinión, coma os gustos, non...

Bombeiros da Coruña mobilízanse para auxiliar en Valencia trala DANA

Unha dotación integrada por seis efectivos do Consorcio provincial de Bombeiros da Coruña partiu...

A labor de reinserción das limpezas medioambientais de Entre Crebas

Cada vez son máis as persoas privadas de liberdade que cumplen a última parte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here