InicioECONOMÍAOs garaxes de aluguer na Coruña, os máis caros de Galicia

Os garaxes de aluguer na Coruña, os máis caros de Galicia

Publicada o

Por editor

O prezo dos garaxes en aluguer en Galicia situouse en 58 euros en 2022, o que supón un descenso do 3% respecto de 2021. Con todo, son moito máis caros que hai cinco anos, especialmente, na Coruña, segundo o estudo ‘Variación acumulativa dos garaxes en España en 2022’, baseado nos prezos dos garaxes en aluguer do mes de decembro dos últimos 7 anos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

O estudo apunta que, a pesar da baixada, supón un incremento do 6,2% respecto de hai 5 anos, xa que en 2017 se pagaba de media en Galicia 55 euros ao mes por este tipo de alugueres.

Por cidades, Vigo e A Coruña experimentaron o pasado ano un descenso interanual dos prezos do aluguer de garaxes do 3,8% e o 0,5%, respectivamente. Así, os residentes do distrito da Coruña pagaron de media 74,06 euros ao mes en 2022, mentres que en Vigo sitúase nos 69. Pola súa banda, Santiago de Compostela conta cun prezo medio de 56 euros ao mes e Ourense de 54 euros.

DATOS ESTATAIS

En canto ás comunidades autónomas que viron caer o acumulativo do prezo dos garaxes en aluguer no último ano (respecto de 2021), Estremadura é a que máis descenso presenta cun -4,8%, seguida de Aragón cun -3,5%, Galicia cun -3,0%, Rexión de Murcia cun -1,7% e País Vasco cun -1%.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here