InicioECONOMÍAO comercio sae á rúa para esixir un convenio digno que "garanta"...

O comercio sae á rúa para esixir un convenio digno que “garanta” o poder adquisitivo

Publicada o

Por europapress

UGT, CIG e CC.OO convocaron unha manifestación este domingo no centro da Coruña para esixir á patronal do Comercio Vario un convenio digno, que garanta a non perda de poder adquisitivo do conxunto dos traballadores afectados polo Convenio, máis de 20.000 na provincia. A manifestación comezou ás 12,00 horas no centro comercial Catro Camiños e continuou cara á rúa Bailén, diante do antigo cinema París.

Entre as súas principais reclamacións á patronal están unha subida salarial moi afastada ao que subiu a vida (IPC) os anos 2021 e 2022, non querer falar de redución de xornada, “nin sequera pola vía dos asuntos propios”, non querer limitar de ningunha maneira a contratación a tempo parcial e non querer falar de ampliación de descansos.

Segundo avanza a Europa Press a responsable do Sector Comercio na FeSMC UGT A Coruña, Sheila Canzobre, mañá reuniranse co A.G.A. para unha mediación. Aínda que valoran “moi positivamente” a participación dos traballadores afectados polo convenio, sobre todo do pequeno comercio, afirma que está “lonxe” de chegar a un acordo en termos salariais.

“A proposta por parte da patronal fai que perdamos poder adquisitivo, xa que no ano 2012/2022 a inflación foi dun 12,20% e a subida que nos propoñen é dun 7,5%”, explica.

Hai “determinadas liñas vermellas” que, asegura, non están dispostos a pasar. Sinalan que a patronal non está disposta a falar da redución de xornada anual, licenzas retribuídas como o aumento de asuntos propios, plus de tarde e plus de sábados.

“Non estamos dispostos a que non queiran limitar a contracción temporal e tampouco a que non amplíen os descansos. Estamos lonxe de chegar a un acordo que garanta as condicións dos traballadores”, afirma. Apunta tamén que, se mañá non chegan a acordo, o próximo movemento será a folga.

ÚLTIMAS

Arrinca o concurso de Tapas Picadillo e a V Ruta de Tapas e Pintxos de Galicia

Tempos gastronómicos estes de outono na cidade. Por un lado comeza a XXII edición...

As festas no Ventorillo aproveitan a ponte

Tralas festas do Rosario da Cidade Vella, tócalle tomar o relevo á AVV Ventorrillo....

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...