InicioSOCIEDADEFalece unha muller con Covid na área da Coruña

Falece unha muller con Covid na área da Coruña

Publicada o

Por editor

Os casos activos de Covid en Galicia descenden ata os 827, mentres que os hospitalizados sitúanse en 166, 160 en planta e seis en unidades de coidados intensivos.

Así se recolle no último parte actualizado da Consellería de Sanidade, con datos ata as 18,00 horas do domingo, que notifica tamén tres novos falecementos, polo que as vítimas desde o inicio da pandemia en Galicia ascenden a 4.103.

Os últimos falecementos foron unha muller de 73 anos o pasado 19 de marzo na área sanitaria da Coruña e Cee; unha muller de 92 anos, falecida o día 22 na área sanitaria de Ferrol; e un home de 87 anos, falecido o día 24 de marzo na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Todos eles presentaban patoloxías previas.

En canto aos casos activos, na área sanitaria da Coruña son 186; 76 na de Lugo; 113 na de Ourense; 102 na de Pontevedra; 138 na de Vigo; 146 na de Santiago; e 66 na de Ferrol. Así mesmo, do total de pacientes positivos, seis están en UCI e 160 en unidades convencionais. Por áreas sanitarias, na Coruña atópanse 50 en planta e un en UCI; na de Ferrol, 12 en unidades de coidados intensivos; e na de Lugo son oito en planta e dúas en UCI.

Mentres, Ourense rexistra 20 pacientes en planta e dous en UCI; Pontevedra, 23 en planta; e Santiago, 30 en planta e un en UCI. Por último, en Vigo hai 17 hospitalizados e ningún en UCI.

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here