InicioA CORUÑAMiguelanxo Prado deixa o Salón do Cómic polos "obstáculos" e as "limitacións...

Miguelanxo Prado deixa o Salón do Cómic polos “obstáculos” e as “limitacións económicas”

Publicada o

Por europapress

Anunciabamos onte a renuncia de Miguelanxo Prado a continuar como director do proxecto Viñetas do Atlántico. O coñecido artista quixo explicar nunha completa rolda de prensa as causas desta comprometida decisión a apenas 2 meses das eleccións municipais.

Entre as meirandes causas, Prado citou as “limitacións económicas” e os “obstáculos” que, segundo dixo, foi atopando desde hai anos para a organización do festival fronte ás condicións que expuxera cando aceptou a proposta do exalcalde Francisco Vázquez hai 25 anos.

Prado sinalou que sempre viu o proxecto como un evento aberto dirixido para un sector de público amplo e non “especializado, dirixido a un grupo concreto”. Un proxecto cunha calidade moi coidada, que recibiu ao “mellor do mundo” do sector da banda deseñada cuia fórmula tivo un “éxito incuestionable” que se mantivo “razoablemente ben durante dez anos”, convertíndose nun “patrimonio como cidade” que non se pode perder.

“Non é un problema persoal, é un problema estrutural, non estou canso, nin desilusionado pero coas regras de xogo que se nos pon na mesa o modelo non é viable”, engadiu o debuxante para quen “se pode facer outro festival” pero non o que el concebiu cunha “aposta diferenciada”.

CAMBIO CO PP

Matizou que xa en 2011, cando entrou o PP no poder, foi cambiando o panorama, tendo que poñer cerco a “posicionamentos ideolóxicos”, ademais de tomar medidas como a conxelación do orzamento (120.000€) dende “hai moitos anos”. Foi máis alá Prado sinalando que mesmo lle ofreceron privatizar o festival, e a falta dunha aposta real por darlle máis vida a este proxecto “perdeuse a ocasión de crear un museo nacional do cómic”.

A ALCALDESA AGRADECE O TRABALLO

Preguntado pola resposta do actual goberno local ás súas formulacións, Miguelanxo Prado asegurou que non sabe se llas transmitiron á alcaldesa, Inés Rey, “ou non os valorou”.

Pola súa banda, a preguntas dos xornalistas, a rexedora herculina manifestou que coñece “perfectamente” as razóns da renuncia de Miguelanxo Prado co que dixo tivo unha “extensa reunión”. Tamén agradeceu o traballo do debuxante por impulsar unha “cita indispensable” que, avanzou, seguirá no verán.

“Nomearemos nova dirección”, confirmou a alcaldesa, que manifestou que se “actualizará e modernizará” o evento. “Seguirá sendo unha cita imprescindible do verán”, apostilou.

ÚLTIMAS

Primeiras queixas pola tardanza na publicación do programa das Festas de María Pita e do Noroeste

"Improvisación e falta de compromiso co tecido veciñal". Así define e denuncia o Movemento...

Decretada prisión provisional para un detido polo apuñalamento do Burgo

A maxistrada do Xulgado de Instrución nº3 da Coruña, en funcións de garda, decretou...

[Galería]: 45.000 persoas ratificaron o Atlantic Pride como a cita máis Orgullosa do norte do estado

Fai balance o Atlantic Pride da súa 6ª edición. O festival do ‘Orgullo do...

Xa’lum desafía o prohibido e marida a tradición galega co seu francés de orixe

"L’interdit" é o novo sinxelo de Xa'lum. Despois de Beiriña, a artista herculino/francesa saca...