InicioECONOMÍASuspendida temporalmente a folga de persoal de limpeza do Hospital Abente e...

Suspendida temporalmente a folga de persoal de limpeza do Hospital Abente e Lago, na Coruña

Publicada o

Por europapress

A folga de persoal de limpeza do Hospital Abente e Lago, na Coruña, quedou suspendida temporalmente tras o compromiso dunha reunión por parte da empresa concesionaria ao comité de folga para abordar a situación de cinco despedidos e “a posibilidade de readmisión”.

Así o apuntaron a Europa Press desde a CIG tras o acordo para unha reunión a raíz do peche de representantes de CIG-Servizos e do persoal de limpeza nas oficinas de Recursos Económicos. Sobre o cinco da tarde quedou suspendido a raíz do compromiso por parte da concesionaria, segundo explicaron desde a central sindical.

A orixe da folga que comezou o martes, día 11, estivo na decisión da adxudicataria, Lacera, de non subrogar a cinco traballadoras e traballadores que formaban parte do servizo e que, de acordo coa representación sindical, “tiñan dereito a ser incorporados”. Ademais, convocouse para denunciar a “sobrecarga” de traballo.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...