InicioPOLÍTICAManuel Lago, asesor de Yolanda Díaz, na lista de Unidas Podemos na...

Manuel Lago, asesor de Yolanda Díaz, na lista de Unidas Podemos na Coruña

Publicada o

Por europapress

O economista e exdiputado de En Marea Manuel Lago Penas incorporouse á lista de ‘Por Coruña’, a candidatura de unidade conformada por Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde con José Manuel Sande como candidato á Alcaldía da cidade herculina.

Lago pechará a lista xunto a Suso Díaz, pai da vicepresidenta Yolanda Díaz, co obxectivo de “reforzar o programa electoral de ‘Por Coruña’ en materia económica e de traballo” e para achegar “toda a experiencia acumulada no seu ciclo vital“, para facer da cidade “un referente”.

Lago, nacido en Vigo, traballou na dirección confederal de Comisións Obreiras, foi membro do Consello Económico e Social de Galicia e director económico-financeiro da CRTVG, así como profesor da Escola de Relacións Laborais da Universidade da Coruña. Na actualidade é asesor económico no Ministerio de Traballo e Economía Social. Ademais, foi deputado no Parlamento de Galicia con En Marea tras as eleccións autonómicas de 2016.

O candidato de ‘Por Coruña’, José Manuel Sande, destacou a “potencia” da incorporación e o papel que Lago terá en “a confección das propostas económicas e de fomento e mantemento dos empregos na Coruña”.

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...