InicioCULTURAA gala final do certame 'Quero cantar' celébrase este domingo no Teatro...

A gala final do certame ‘Quero cantar’ celébrase este domingo no Teatro Colón da Coruña

Publicada o

Por europapress

Este domingo día 23 celébrase no Teatro Colón da Coruña a gala final de ‘Quero Cantar’, na que o seis formacións finalistas –tres na categoría infantil e outras tantas na xuvenil– interpretarán en directo os temas cos que optan ao premio da sexta edición deste certame musical da Deputación da Coruña.

Segundo informa o organismo provincial nun comunicado, o xurado estará formado por nenos e mozos das mesmas idades que os concursantes que proveñen dos municipios de Ames, A Laracha, Cortegada e Santiago de Compostela. A cita é ás 17,30 horas e as entradas, gratuítas, xa se poden retirar na páxina web do teatro.

A actriz Soidade Felloza será a presentadora do evento, no que actuarán como convidadas a banda Bonhomía e a solista Noelia Perpetuo, gañadoras da edición anterior do certame.

Os premiados nesta edición serán galardoados coa gravación dunha maqueta en estudo profesional e dun videoclip coa canción gañadora, ademais de material musical e produtos culturais en galego por valor de entre 500 e 1.500 euros.

ÚLTIMAS

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

A Coruña planta cara ás multas das zonas de baixas emisións: “Non imos restrinxir nin sancionar por tipo de vehículo”

A loita contra a contaminación nas cidades abre un debate que vai máis alá...

Fronte Ampla súmase na Coruña á campaña “Taxa ao rico”

Esta mañá un grupo de representantes da Fronte Ampla, realizaron  unha acción diante do...

O Concello da Coruña descarta restricións na auga ante a prealerta por seca

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a aplicación de medidas con restricións nunha...