InicioMOV. SOCIAISA Coruña sairá á rúa para esixir a aprobación da ILP Salvemos...

A Coruña sairá á rúa para esixir a aprobación da ILP Salvemos a Atención Primaria

Publicada o

Por editor

Este mércores 26, ás 20:00h no Obelisco, a cidadanía herculina sumarase á doutras 20 vilas do país para esixir na rúa a aprobación da ILP Salvemos a Sanidade Pública.

Máis de 50.000 sinaturas avalan esta Iniciativa Lexislativa Popular que se debaterá no Parlamento o vindeiro 20 de maio. A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca esta concentración para lembrarlle á Xunta a necesidade de sexa aprobada, e que se tomen medidas para evitar situacións que demostran o fracaso do sistema actual: “unha semana de espera para ser atendido o médico de cabeceira, consultas telefónicas en lugar de presenciais, servizos de urxencias e PACs pechados ou sen servizos mínimos…”

Lembran tamén que os soldos dos traballadores da sanidade pública galega son os peores do estado, e que as únicas medidas tomadas ata o momento só benefician aos traballadores das privadas. “O recente acordo co sindicato minoritario CESM non beneficia en absoluto á poboación, pois simplemente sobe o salario aos médicos que traballan na sanidade privada, algo ilóxico pois se utiliza parte dun orzamento público para algo que non repercute en absoluto nos pacientes, ademais de deixar clara a estratexia por parte da Xunta de seguir favorecendo permanentemente á Sanidade Privada”, sinalan.

Concentracions Sanidade Publica ILP Coruna

Así, ademais de invitar a todo o país a esaír este mércores a rúa, a Plataforma xa anunciou que o 9 de maio seguirán as mobilizacións cunha concentración diante do Parlamento Galego ás 10 da mañá, dia no que se espera que  finalmente vaia a conseguirse a aprobación de dita ILP.

ÚLTIMAS

A Cruz Vermella celebrou o seu Día Mundial na Coruña cunha gran singular foto na Matadoiro

O persoal da Cruz Vermella na Coruña celebrou encheu este venres de vermello a...

17 centros de ensino público galegos demostraron o enxeño do alumnado galego na V Liga Maker Dron

Máis de 170 alumnos e alumnas participaron onte no Coliseum na V Liga Maker...

Avanzan cara unha nova fase as obras de remodelación nos Cantóns

As obras de remodelación dos Cantóns enfilan unha nova fase de actuacións que, a...

Queres saber cales son os primeiros grupos confirmados do Festival Noroeste?

Echo & The Bunnymen, Bongeziwe Mabandla e Mari Froes conforman as primeiras confirmacións do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here