InicioECONOMÍAA Coruña terá voo directo con Abu Simbel, en Exipto

A Coruña terá voo directo con Abu Simbel, en Exipto

Publicada o

Por editor
O aeroporto de Alvedro foi un dos poucos elexidos no conxunto do Estado pola operadora de turismo española SamaTravel para viaxar de xeito directo a Exipto, sendo o 11 de maio a primeira data escollida para a saída , que terá unha segunda saída o 20 de xullo. Esta serie de voos sairá tamén desde os aeroportos de Murcia, Albacete, Valladolid, Zaragoza, Selecta, Sevilla, Palma, Alacante, Pamplona, Asturias, Barcelona e Madrid, e as súas primeiras datas de saída xa poden consultarse na web do Operador de turismo.
O director xeral de SamaTravel, Mohamed Ali, non descarta que a lista de cidades se amplíe nun futuro. “Gústanos achegar Exipto ao maior número de autonomías españolas, facilitando así o acceso a este destino tanto ao maior número posible de viaxeiros (evitándolles desprazamentos e gastos innecesarios), como ao maior número de Axencias de Viaxe españolas, que contarán así cunha nova oportunidade de negocio, que sen dúbida resulta moi atractiva para a súa venda”, indicou nun comunicado.
Esta empresa xa ofertou desde Galicia 750 prazas o pasado ano en voos directos a Luxor desde Santiago e A Coruña, cifra que este ano se ampliaches até as 900 prazas con 4 voos desde Santiago a Luxor e os 2 voos de Coruña a Abu Simbel. “A nosa iniciativa de achegar Exipto a Galicia xa recibiu o pasado ano unha acollida espectacular cos 5 voos completos, e este ano vai polo mesmo bo camiño”, sinala Mohamed Ali, director xeral de SamaTravel.
A empresa ten xa deseñados os paquetes turísticos de 8 días e 7 noites que se comercializarán xunto a estes novos voos, e que inclúen unha noite en Abu Simbel, 3 noites de cruceiro polo Nilo e 3 noites máis no Cairo, asegurando así unha completa visita aos principais atractivos turísticos de Exipto.

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here