InicioECONOMÍABaixa o prezo dos alugueres na Coruña en abril, segundo pisos.com

Baixa o prezo dos alugueres na Coruña en abril, segundo pisos.com

Publicada o

Por editor

O prezo da vivenda en aluguer pechou abril en 5,42 euros por metro cadrado de media en Galicia, o que supón un 1,09% menos que en marzo e unha caída do 3,2% en comparación co mesmo mes de 2022, segundo datos do informe mensual de pisos.com.

Este descenso dista das cifras rexistradas a nivel estatal, xa que no total de España o prezo do aluguer subiu un 5,51% o mes pasado, ata os 10,73 euros o metro cadrado de media.

Por provincias, na Coruña o prezo medio foi de 5,39 euros, un 3,92% menos que hai un ano, mentres que en Lugo quedou nos 4,66 euros, un 0,21% menos. En Ourense, os cidadáns pagaron de media 3,91 euros por metro, un 4,63% menos, así como en Pontevedra, que este prezo foi de 7,13 euros, un 3,54% menos.

DATOS ESTATAIS

A nivel español, o prezo da vivenda en aluguer pechou abril en 10,73 euros por metro cadrado, un 1,13% máis que en marzo e un 5,51% por encima das cifras rexistradas en abril de 2022, sempre segundo o informe de pisos.com.

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here