InicioCULTURALugrís protagoniza un (S8) que proxectará máis de 180 pezas de 12...

Lugrís protagoniza un (S8) que proxectará máis de 180 pezas de 12 países

Publicada o

Por editor
  • 182 pezas vanse proxectar.
  • 25 estreas internacionais e 41 en España.
  • 12 nacionalidades (Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Italia, Arxentina, Francia, Chile, Alemaña, República Checa, Corea del Sur, Portugal e España)
  • 17 pezas de 20 cineastas galegos/as.
  • 5 sedes: Palexco, Domus, Fundación Luis Seoane, Filmoteca de Galicia e Afundación – Obra Social ABANCA.

Estas son as cifras que dan conta da potencia do XIV (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico. Un festival que debullaba hoxe a súa programación por Ángel Rueda, director do festival, en presencia de Rodrigo Osorio, representante da Asociación Cultural O Mural. I é que a imaxe do festival está protagonizada polo mundo onírico, idealizado e soñador de Urbano Lugrís, servindo así de homenaxe polo 50 aniversario da súa morte. Un pintor que, en palabras do “encaixa moi ben no (S8) porque é un artista periférico: no xeográfico, porque desenvolveu boa parte da súa traxectoria en Galicia, con importantes incursións tamén a nivel estatal; e no ideolóxico, porque foi un gran nacionalista galego”, sinalou Osorio.

O (S8) inclúe un programa temático acorde coa súa imaxe, que estará dedicado a esas películas que buscan retomar a visión da infancia: “Paisaxes encantadas” como aquelas que pintaba Lugrís. Abrirá a sesión a estrea internacional de And so it came about, de Charlotte Pryce, e poderán verse filmes de destacadas cineastas contemporáneas como Gaëlle Rouard, Ute Aurand ou Jennifer Reeves, así como do mítico creador checo Jan Svankmajer.

Será só unha parte da programación dun (S8) que, segundo adiantou, proxectará máis de 180 pezas procedentes dunha ducia de países (Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Italia, Arxentina, Francia, Chile, Alemaña, República Checa, Corea do Sur, Portugal e España). Boa proba, segundo Rueda, de que o analóxico “non é un formato antigo ou vello, como ás veces queren facernos crer” e de que “se pode facer cinema experimental de vangarda comprometido cun pensamento libre”.­

Toda a información en s8cinema.com

 

ÚLTIMAS

Os educadores do Programa Lecer consideran unha “falta de respecto” a falta da empresa e do Concello na primeira conciliación

Novo fito do conflito do Programa de Lecer. Mentres pasan as semanas e os...

EscapeMotor, o espazo radiofónico máis potente da provincia faise na CUAC FM

Cada xoves, ás 23:00h, as ondas da 103.4FM CUACFM acenden o motor. Xurxo Varela...

Un incendio nunha casa en Oleiros deixa ferida a unha menor tras quedar atrapada coa súa familia

Un incendio declarado este sábado nunha vivenda unifamiliar en Oleiros deixou ferida a unha menor...

O BNG abre a porta a unha moción de censura en Cambre contra o goberno do PP

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cambre, Dani Carballada, asegurou...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here